Un canto a Fornelos, onde o real faise ideal

rio Tea Fornelos Da RibeiraO pé do Coto de Sá é máis aínda do ádro da igrexa de San Xoán, ollamos a feligresia de Fornelos da Ribeira como unha das máis fermosas terras do Condado de Salvaterra. Ollando como digo, cos ollos abertos as fiestras dos rueiros, as xentes fornelenses cantan e pregan fixando os ollos na ribeira do Tea. Cheo de mainzos é viñedos na foscura cadenciosa das encostas de piñeirais de infindo amor secular. As xentes cantan a alegría de ser un pobo de almas boas, adicadas o traballo das cepas murchas na ribeira do Tea. Por iso, son moitos os que se senten atraidos o seu encanto. Dícese que non hai nada tan fotoxénico como o rostro humán, nin tan dificil de fotografar como os recunchos de Fornelos, pola suavidade do ar enchido de arumes o anoitecer, escoitar o zumbido dos insectos, os cantos dos páxaros ou o rumor das augas. A fotografía pode reproducir os suxerentes xogos das cores, máis ninguén poderá transmitir a suavidade do ar cheo de arumes nin a amabilidade das súas xentes.

Fornelos da Ribeira é ante todo, unha caveola de sensacións multiples que forman parte da Natureza. As xentes dos rueiros de Fraga, Martin, Gullende, Oural, Pedrapiñeira, Xesteira ou Rañe, outrora fidalgas e burguesas; Abelán, Carrascal, Casco, Cimadevila é As Fraguiñas latexantes de espiritu no fío de morrer que no outono de cada ano, enchen os mundos dunha feiticeira ledicia de adeuses. Estas xentes que conforman a feligresia de Fornelos da Ribeira pregaron, pregan é pregarán a Deus en cada badalada dos sinos da igrexa de San Xoán, e rezan polos seus mortos e polos que ainda teñen que morrer. Este meu Fornelos e un vieiro completo da Natureza que goza de rueiros de sol, de penumbra, de musgos, bolboretas, sen perder o seu suave recanto. As suas costas a feligresia de Moreira, Soutolobre, Lourido ou Pesqueiras, o rio Tea descendendo o pai Miño, polo fondal da feligresía cubre de xeráneos silvestres e de branco e púrpura o verde desta Natureza, reflexo fidel da beleza fornelense. Os vieiros de diante é despois tamén foron, son e serán camiños do Condado, cheo de engado e feitizo, de alalás è oracións.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion