A miña nai que deus guarde

Boceto de Retrato de Nai.

Aquela Nai, que tendo un pouco de Deus polo seu inmenso amor os seus fillos, ten moito de anxo polo garimoso dos seus coidados. Aquela Nai, que sendo nova ten a reflexión da vella, é sendo vella traballa ca forza da mocedade. Aquella Nai, que sendo iñorante descobre os segredos da vida con máis acerto co sabio, é sendo culta acomodase a simplicidade do fillo. Aquela Nai, que sendo probe vive co aloumiño dos que ama, è sendo rica, da o máis preciado do seu por non sofrir no seu corazón a ferida da ingratitude. Aquela Nai, que sendo forte estremecese cos xemidos do fillo, é sendo débil enchese da bravura do león. Aquela Nai, que namentras vive, non sabemos estima-la porque o seu lado todo-los dores esquecense, e porque despois de morta, dariamos-lle todo-lo que temos por mira-la de novo, por recibir dela aínda que soio fora un abrazo, un beizo ou escoitar unha verba dos seus beizos. Aquela Nai, a quen non lle pidas o nome si non queres que empape de vágoas o albúm das suas lembranzas porque xa as vira pasar por los vieiros,… “Cando crezan os teus fillos, lea-lle estas verbas cubrindo de bicos as súas facianas é diranche cun humilde viaxeiro en pago a tan loable hospedaxe deixou aquí, para eles e para ti, un boceto de retrato da sua nai”.

Publicado en el periodico “Pagina XXI” por Manuel A. Estévez Costas

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion