Ruta 1.- De Caldelas de Tui a Salvaterra de Miño (II)

HISTORIA E NATUREZA EN RUTA, recolle a Historia do Condado de Salvaterra do Miño, coa grandeza de España, dende o ano 1.613 cando Diego Sarmiento de Mendoza e Soutomaior, era señor de Salvaterra. Foi nomeado Conde en 1.588 polo rei Felipe III, polos servizos prestados “que foron moitos e moi calificados”. Chegou a ser asistente e capitán xeral de Sevilla. Casado con Leonor de Luna, de onde proceden os Sarmiento de Soutomaior.

Diego Sarmiento de Soutomaior criárase de neno o servizo do rei Felipe II.

Camiñando con nós, descubra estas terras, lémbrando os Ozores da Casa de Teáns emparentados cos Sotomaior, hoxe do ilustre pontevedrès Alejandro Mon e Landa.

Nos detemos un pouco e imaxinamos correr por estas terras o que chamaban Madruga, porque como dí Vasco da Ponte, gostaba de cabalgar nás madrugadas, escoitando as noites de vento é os ouvidos dos cans, porque o bastardo estaba en todas partes «alarmeando». Este, estudara pra crego, pero por seu irmán fora constituido herdeiro universal quedandose con todo ó 5 – 6 – 1.471. Tiña de todo: orgulloso, cruel, soberbio é atrevido.

Da mán de Manuel Alfonso Estévez Costas, nado no Condado, descubra os oríxenes do Castelo, intensamente relacionado con moitos acontecimentos que da nome as súas principais estancias desde o século X. A súa situación sobre o pai Miño, fixo que xogara un importante papel en 1.640 durante a sublevación de Portugal. Unha de tantas anécdotas daquela época foi a de Xoaquín Márquez Donallo que se batera en máis de vinte ocasións na guerra da independencia. Coñecido polo Lechuza, pola costume que tiña de realizar longas xornadas de noite é coller desapercibidos pola mañanciña os seus inimigos, tivo un fillo, Antonio Márquez Dominguez, nado en Salvaterra, quen vivira en Tui. Seguira a carreira militar ata quedar inutil, pasando a Cuba donde morreu.

Historia e Natureza en Ruta, descobre a Salvaterra máis viva que nunca. O pai Miño é o Tea, alumean o nacer da fror do toxo que como capital do Condado ofrece a todos é os que tamén en él habitan. Viaxar lentamente con Historia e Natureza en Ruta, unha doce maña e tratar de se encontrar co pantamasgórico Madruga, correndo aventando a néboa é todo unha ledicia pra cantos desexan percorrer estas terras, comer e beber os seus viños.

A historia de Salvaterra de Miño, é moi antiga. De feito corre parella coa aventura romàn, é decir: “os primeiros en ser invadidos é os últimos en ser domiñados”. A hora da verdade foi a de adaptarse ás costumes máis sans que o viño ten. Así no medievo foi o viño o que garantíu a sanidade na época da peste e o mesmo tempo foi o viño o «nectar dos deuses».
O viaxeiro de Historia e Natureza en Ruta, pode descubrir como xá Estrabón falaba do viño que consumian axiña nas grandes festividades familiares. O cultivo do viño fora comenzado polos gregos, cartaxineses no seculo VI antes de Cristo espallado pola romanización a partir do ano 26. Naqueles tempos misturábase co viño cantidades de cousas que Diodoro dí, era mel, resina das agullas de piñeiros, etc., pra axuda-la conservación. As leis de Chindasvinco defiñen as vacacións pra vindimiar.

Amigo amante de Historia e Natureza en Ruta, como foron os mosteiros, castelos é fogares os propulsores deste cultivo. Nos tempos do rei Garcia xá se enviaba a Roma é Inglaterra porque tiñan fama de que eran os mellores de Europa.

Falando como estamos falando dos viños, debemos sulliñar aquí que no século XlX Luis Pasteur, médico francés, dixo do viño que “era unha das máis sans das bebidas”, o Conde de Gondomar, por exemplo, tiña unha cubeta de prata chea de vino que levar a Inglaterra, pero razós políticas prohibiran a venda que os portugeses aproveitaron pra fermenta-la plantación de vides entre Miño é Douro.

Demos unha voltiña por todo Salvaterra e Comarca é contemplese as verdes viñas de formas imaxinables desde vales até os cauces dos ríos, porque alí onde se pode, ponse unha cepa. O Condado de Salvaterra é unha das máis montañosas ata a provincia de Ourense formado polos concellos de Salceda de Caselas, Ponteareas, As Neves, Crecente, Arbo, Covelo, Mondariz é Salvaterra.

Tódo-los habitantes do Condado saben moi ben ”si queres coller bo viño, pranta viña cara o soliño”.

Descubre amigo viaxeiro, como a Comarca está na latitude norte a 42º 30,8” lonxitud este, axeitada pro cultivo da “VITIS VINIFERA”, latitudes que determina as horas de sol como Alemaña ou Checoslovaquia. Aquí cabe lembar a Xulio Camba de cando falaba de viños: “en vez de recoller 100 hl cada ano, hai que resignarse a coller 25 hl cada seis anos”.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion