Ruta 3.- De Salvaterra a Ponteareas pasando por Fornelos (IV)

Descubra, amigo, como la familia Bugallal ocupa un lugar destacado na vila de Ponteareas. Así temos:

  • Benigno Bugallal, Xeral de División, Subsecretario do Ministerio de Guerra, Gran Cruz de San Hermenegildo, Gran cruz de Xesucristo de Portugal e outras moitas.
  • Saturnino Álvarez Bugallal, nado en Areas e falecido en Lisboa. Casado con Adelaida García Rodríguez, primeira Condesa de Bugallal. (Ver Historia de Bugallal).
  • Gabino Bugallal e Araúxo, II Conde. Con 25 anos xa era diputado pola súa terra natal. Gobernador Civil de Granada, Director Xeral de Administración Local, Director Xeral do Tesouro e Fiscal. Ministro de Instrucción Pública en 1.904, de Facenda catro veces, de Graza e Xustiza, Gobernación é Economía. Conselleiro de Estado, presidente do Congreso e do Consello de Ministros, Académico, etc. Casara con Cristina Rodríguez Fajardo e Codesido.

Suliñamos aquí os Blanco de Seixas que proviñan de Angoares. A Ector Barros e Silva que fora capitán de milicias, casando con Catalina Alonso de Sequeiros, fundando casa solar no rueiro da Cruz en San Miguel de Canedo. Un dos seús dous fillos, Xoán chegou a ser cardenal en Santiago de Compostela.

Arrimemos o lombo a Historia e Natureza en Ruta pra chegar o castelo de Sobroso incorporado o concello de Ponteareas, no monte Candin, onde alzase a fortaleza ligada a historia do Condado xá no ano 1.117 cando a reiña Urraca fora cercada nesa atalaia polos partidarios do seu fillo Alfonso VII, acadando escapar a Compostela en busca de auxilio de Xelmirez. Na metade do século XV fora derrubado boa parte o cal foi reconstruido por Pedro Álvarez de Soutomaior é despois por García Sarmiento. A eles débese boa parte da configuración actual.

Descubre amigo como hoxe o castelo é museo, formado por tres estructuras superpostas; o muro exterior manten algún tramo do trazado antigo correspondente o século XII, o corpo residencial é a torre da homenaxe de 13 metros conservase igual.

Hai unha lenda de unha condesa enamorada é dícese que alí foron as bodas do rei trovador Diniz de Portugal con Isabel de Aragón, a reiña santa.

Descubre amigo viaxeiro a grandeza do castelo é o seu silenzo, descubre como nos poñen melancólica a alma cos prados, eucaliptos, vendo fuxir polos vieiros os demos deixando un rastro de zufre no ar…

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion