Por fin, os ideais dos nosos emigrantes cumpríronse

magazine vieiros galicia mexico 1962 ideais galegosDaquelas datas de miseria, fame, aldraxe e imposicións, que de todo había, contemplamos hoxe a un Condado de Salvaterra de Miño, en pleno desenrolo, os escolares estudando e os bacheleres na Universidade, facendo xente máis educada, máis culta y moito máis integra da que o desexaron os nosos irmáns, Pioneiros da Concordia aló polo 1.904 en Bos Aires.

Belido legado para os que tivemos a sorte de ser nados nestas benditas terras do Condado deste noso sofrir… A terra é un imperativo da alma, e nos esixe mellorar a nosa condición e a nosa existencia. Vivimos nunha época de moitos esforzos, pero tamén de conquistas sociais e materiais. Hoxe aparece ante nós, unhas necesidades e unhas esixencias as que é preciso dar resposta. Ainda hai que correxir moitas desigualdades e promover o desenrolo de toda-la Comarca, elevando máis ainda o nivel cultural, social, económico, porque este mundo está estructurado para conseguir “diñeiro” con que facer realidade os nosos sonos e obxetivos vitales ata olvidarnos que se trata dunha mera convención cultural. Hoxe o diñeiro chegou a deixar de lado o exercicio e estímulo da forza natural máis poderosa de que dispoñemos. Falamos, da capacidade de pensar. Co pensamento (reflexión, imaxinación, memoria), non só podemos progresar, senon inventar ou reinventar outros obxetivos, imaxinar outros camiños e dotarnos de novas regras e puntos de referencia. Ademais, amigos, pensar está fóra do alcance do diñeiro: PENSAR E GRATIS.

Recomendo os novos estudiantes dos nosos institutos que infiltren nos seus cerebros, quizais adormecidos póla rutina, que a mente hai que animala e excita-la para lograr que o pensamento descubra a súa plasticidade e amplitude. Hai que facer un enérxico masaxe para as nosas neuronas.

Sepades rapaces que nas democracias europeas, o coñecemento e as oportunidades están cada vez mellor repartidas entre os cidadáns. ¿Que diferenza hai entre unha vida laboral mediocre e unha carreira de éxito? A resposta de ideas se consigue exercitando os aspectos creativos dun exercicio natural e gratuito: PENSAR.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion