REFLESIÓNS DE ANTES É DE AGORA

FAMILIA RURAL E FAMILIA URBAN

Porque aínda non está mal lembrar o contraste que aínda existe entre familia rural e familia urban, aínda que cada vez menos. Quede craro que na familia rural antes non se experimentaban cambios e sempre ián a remolque da vida cidadán. O contacto social nos ambentes rurais era probe. O enrequecemento cultural estaba limitado, salvo excepcións, tal fora o meu caso. Dahí a preocupación dos Pioneiros da Concordia, loitando sempre polas condicións culturais e formativas do pobo.

FAME DE CULTURA.

As diferenzas entre os ambentes urbans e rurais perderon actualmente consistencia, a causa dos medios de comunicación social, mellora do nivel de vida, etc… Dende o ano 1.936 tiñan por escenario a dictadura de Franco e reducianse a:

    – O senso relixioso en todolos ambentes familiares. Práctica relixiosa obligatoria. Espiritu Nacional. E somente as presións sociais formabanse nas “comidillas” que as veces constituían unha censura agresiva.
    -As necesidades espirituais e culturais nunca chegaron a tomar concenza plena nos fogares. Na vida diaria prevalecía unha visión pesimista da vida familiar traducida a resignación.
    -E a resignación só podíase admitir nas causas insuperables coma a morte, pero non naquelo que podemos transformar.

FAMILIA – EDUCACIÓN

Hoxe, os fins da famlia e centro de ensino, coinciden ou deben coincidir o tratar de formar o home enteiro. Noutras épocas atribuíanse funcións distintas a familia e o centro, hoxe o centro docente encarna o pedagóxico e instructivo; a familia debe encargarse da tarefa educativa e formativa no fogar, pero hai que recoñecer que os conflictos familia – educación, nunca foron tan polémicos como na época actual. Tamén a situación familiar, coma a situación económica, influe e condiciona as posibilidades educativas do alumno.

Moitos pais consideran suficiente manda-los fillos os centro docentes públicos pro seu aproveitamento en orden formativo e desenrolo da persoalidade e na adaptación escolar tamén.

SEMPRE ADIANTE

Moitas familias parecen aceptar o valor do “logrado”, crendo que faceron todo-lo posible no obxetivo da situación social, quedan contentos, aceptan a sorte. Non fan esforzo algún nin mostran interese pola preparación dos fillos para ningunha ocupación que non sexa a alcanzada polos pais. Pero xunto a estas famlias hai outras que creen na “marcha adiante”, pensando que non alcanzaron a situación que consideraban capaces. Estas famlias mostran unha actitude aberta a educación como medio de poder alcanzar mellores sitituacións sociais. Neste nivel de aspiración aberto tradúcese en un procurar para os seus fillos a mellor instrucción pública posible e crear en eles un afán de loita e esforzo que os leve o éxito.

Por iso, o clima do seno familiar tanto dos pais entre sí, coma dos pais entre os fillos, son a base dun clima emocional que tantas repercusións ten na conducta dos seus fillos. Os pedagogos observaron que os nenos que proceden de familias de condicións morais e materiais satisfactorias, non seno das mesmas encontran control e estímulo constante.

CLIMA FAMLIAR

Conven suliñar especialmente aquí, o papel das nais no medio rural. A hora de estudar estes aspectos non hai que esquecer tampouco o funcionamento dos profesores. Xunto a estas relacións hai que enxuiciar a laboura da familia, alumno e centro.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion