Movilidade social

A movilidade social, e dicir a transformación económica da familia en particular, está relacionada coa preparación educativa, hoxe buscamos como obxetivo unha sociedade aberta con posibilidades de promoción na que impera a igualdade de oportunidades e aquí a familia rural está en desigualdade ante a familia urban. Por eso, a educación e a formación e o alto reto do noso tempo.

Educar e o mesmo tempo comunicar, formar a sensibilidade e o xuicio, excitar a imaxinación creadora e moldear caracteres, en orden a formación de homes libres, capaces de afrontar as árduas tarefas que nos esperan. Porque si o norte da convivencia se orienta a un sistema de mútua axuda e colaboración nas múltiples tarefas da vida, é indudable que as institucións educativas acoplen a súa misión para lograr un tipo de home adecuado a estas necesidades. Hai que pasar, polo tanto, do sistema tradicional no que o xoven atopase inmerso (actitudes pasiva, de recibir e obedecer) a outro no que participe activamente, si ben de forma diferente, según a idade e o carácter.

A armonia entre a familia e o centro escolar

As asociacións de pais, de primordial importancia na formación, desenrolan a súa existencia nenos e xóvenes, de forma complementaria. A persoalidade do alunmo vai depender en gran maneira da armonía entre familia e centro docente. Sen embargo podemos considerar certas dificultades que as hai, que se presentan para esta colaboración. Vexamos como podense mitigar:

Que non exista un desexo íntimo e firmemente sentido, nin por parte dos mestres, nin dos pais, de levar a cabo contacto dunha maneira real e constante. No terreo dos principios estáse dacordo no que se debe facer, pero o chegar a como realiza-lo empezan as dificultades. A creenza moi extendida nos pais é de que ninguén coñece mellor os seus fillos que eles, esperar que os pais consideren e coñezan os seus fillos desde un punto de vista craro e sereo de observador obxetivo é esperar demasiado a natureza humán. Os mestres contemplan con máis obxectividade e cada vez mellor e máis profundo as necesidades do contacto por parte de mestres e pais para un traballo conxunto. E este ha de partir dunha comprensión das funcións de cada unha das dúas partes, sabendo os pais que esta relación non pode implicar ou querer gobernar os problemas familiares.
Por desgraza non sempre existe unha comprensión e o perigo dunha intromisión mútua e real se cabe existir. Todo esto pode evitarse por un mellor coñecemento dos obxetivos e finalidades de cada parte.

Obxetivos craros

Hoxe os obxetivos do ensino son craros evitando sempre as tensións, vivir a espaldas da realidade, uns e outros, porque o debilitamento da salude física e cultural perxudica os alumnos. Hoxe sabemos das formas de leva-lo ben:

    – Entrevistas entre pais e profesores.
    – Reunións de pais e centro escolar.
    – Información sobre as capacidades de cada alumno.
    – Actividades de preparación… Porque os profesores deben partir das condicións dos alumnos para contribuir a unha obra educativa con sentido común. Porque nesta sociedade actual de cambio rápido, onde o progreso da ciencia obliga a unha constante especialización é onde os pais dos alumnos son menos capaces de axuda-los a ocupar un espazo na sociedade. Hoxe a familia e o centro docente constituen na nenez e na xuventude os marcos esenciais para que a xuventude do Condado de Salvaterra encontre o diálogo, comunicación, comprensión é o equilibrio no seu afán de saber é tamén criticar…

Educar en cantidade e calidade

Na fermosa empresa educativa de facer homes é evidente que nin a familia, nin o centro docente, nin o Estado poden facer que todos sexán morenos ou loiros, pero sí que as ensinanzas cheguen sin regateos a todos, porque ata non fai moitos anos, nos colexios dabase xeneralmente nas cidades e vilas. Agora xa non. Hoxe os alumnos do rural teñen as mesmas oportunidades cos que viven nas zonas urbans. Xa era sen tempo!

Para termiñar falarei de Plutardo: Comparou con singular agudeza a educacuión, a agricultura, semente e agricultor que fan para él os elementos da obra educativa. En certo aspecto tamén podemos considerar o alumno ou alumna, co campo como a terra esperando o riego, a semente, a norma, o exemplo, o amor… A semente e a cultura, o optimismo, a laboriosidade, o diálogo, a comprensión, a creación da convivencia, a potencia xermiñadora da formación. E o agricultor, o profesor, o home, o pai, o que culmina a obra educativa e o que recolle o fruto óptimo si sembra ben. Pero para elo, e necesario que o campo, a semente e o agricultor se coñezan, amense e sacrifiquense, é no centro … a familia.

Amigos: Despois de tantos anos de desexos daqueles emigrantes de Bos Aires, hoxe podemos dicir: Que os conflictos entre familia e centros docentes convirtironse na existencia creadora, porque o futuro só se gaña con tesón e con fé. O demáis se nos dará por añadidura.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion