XIL / GIL

Os de Sobroso se remontan nada menos que a Casa Real de España. En efecto, TERESA GIL DE SOBROSO, filla de GIL VÁZQUEZ e da sÚa dona MARíA ARIAS de Fornelos , tivo de Alfonso IX de León, a MARTIN ALONSO GIL, casado con unha portuguesa, chamada MarÍa Méndez.

    – JUAN TRONCOSO DE LIRA SOUTOMAIOR, casara con JUANA BARBEITO PADRON CORREA E OYA. Do matrimonio foron nados:

      – MAURICIO TRONCOSO DE LIRA E SOUTOMAIOR, abade do Couto e Vilar en Crecente.

BALTASAR DE ARAÚJO, casado con INÉS DE VILAR, e o seu fillo BASILIO GIL DE ARAÚJO, fora bautizado en Santiago de Ribarteme en 1.671. Casara con ANA BLANCO, e tiveron a JOSÉ GIL ARAÚJO, bautizado en San Miguel de Cequeliños. Casara con ROSA VICTORIA RODRÍGUEZ, o seu fillo, ANDRÉS GIL DE ARAÚJO, de Cequeliños, obtuvera Real Providencia de fidalguía o 30 – 12 – 1.779. Dos GIL (XIL) DE RIVERA, temos a:

    – JUAN GIL, casado con CRISTINA DE ARAÚJO. O seu fillo, BASILIO de San Ciprián de Ribarteme (Setados), casara con CONSTANZA DE PUGA, de San Juan da Barcala.
    Dos outros familiares, temos a:
    – IGNACIO GIRALDEZ AVALLE, de San Cristobal de Mourentan (Arbo), casado con BARBARA GONZÁLEZ, con descendencia.

Analizando os GIL DE ARAÚJO, estos tiñan casa solar en San Ciprián de Ribarteme, Chamada CASA BARROS. Fundaron a igrexa dos Remedios en Santiago de Ribarteme. Os blasóns dos GIL, se divisan na igrexa de Valeixe e Santiago de Ribarteme e Casa Grande de Sela. Realizaron información da nobleza na Real Chanceleria de Valladolid os de San Miguel de Cequeliños, Ribarteme e Santa Maria de Sela.

    – ALVARO GIL DE ARAÚJO, bautizado en Ribarteme o 28 – 01 – 1.638, falecendo en Santiago de Ribarteme o 1 – 03 – 1.661. Casara con MARIA PUGA e posteriormente con CRISTINA ARAÚJO, coa que tivo a JACINTO e DIEGO JACINTO, fora abade de Ribarteme.
    – DOMINGA GÓMEZ, de solteira tivo a: ALONSO GIL DE ARAÚJO, veciño de Ribarteme (San Cristobal), casando con ANTONIA JACINTA MARTÍNEZ BARBEITO de San Ciprián de Ribarteme. Alcanzaron o recoñecemento da súa fidalguia por Real Providencia o 30 – 04 – 1.732.

Os GIL ARAÚJO, de Santa María de Sela:

    – FERNANDO GIL ARAÚJJO, casara con ANTONIA VILA. Deste matrimonio foron nados:

      – ANTONIO, bautizado en Santa María de Sela.
      – ROSA GIL ARAÚJO.
      – ÁLVARO GIL ARAÚJO.

Os GIL DE RIVERA:

    – JUAN GIL, casado con CRISTINA DE ARAÚJO,o fillo BASILIO, nacera en San Ciprián de Ribarteme, casara con CONSTANZA PUGA, nada en San Juan da Barcala. Deste matrimonio foron nados:

      – FERNANDO GIL DE ARAÚJO, nado en Cequeliños, casara con JOSEFA RIVERA, de Crecente; o fillo de FERNANDO GIL DE ARAÚJO, fora bautizado en San Pedro de Crecente o 28 – 05 – 1.706. Presentaron en 1.797 información para ingresar en Fonseca.

Como se verá os GIL, estan moi extendidos polo Condado. Así temos que en Ponteareas entroncaron con Álvarez, Araújo, Arjones, Barbosa, Barreiro, Bugarin, Carrera, Cruz, Davila, Domínguez, Estévez, Gil, Grandal, Guisado e Rodríguez.

En A Cañiza, temo-los emparentados con Barros, Cortes, Domínguez, Estévez, Fernández, García, Gil, Gómez, Lorenzo, Miguelez, Paramés, Pérez, Pregigueiro, Romero, Táboas e Vázquez.

En As Neves, emparentaron con Alonso, Álvarez, Barreiro, Barros, Caballero, Carpintero, Cuntin, Davila, Eiro, Estévez, Fernández, Garrido, Gil, González, Iglesias, Jorge, Lorenzo, Marcelino, Miguez, Millos, Otero, Pereira, Puga, Rodríguez, Sanchez, Seoane, Ubeira e Vidal.

En Crecente con Fernández e Gil; en Covelo cos Gil e en Arbo, con Álvarez, Araújo, Cabeiras, Doval, Estévez, Fernández, García, Gil, Gómez, González, López, Muiño, Moreira, Muiños, Paramos, Pérez, Prieto, Puga, Rodríguez, Vilas de Cequeliños, etc. En cambio en Mondariz, emparentaron con Gil, Peleteiro e Rodríguez de Gargamala. Os de Salvaterra emparentaron con Arjones, Carrera, Domínguez, Fernández, Lemos, Otero, Pino, Rodríguez e Seoane. Por último os de Salceda de Caselas o fixeron con Gil, Martínez, Pérez e Rodríguez.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion