GIRALDEZ / XIRALDEZ

Este linaxe o atopamos na vila de Porriño, en Redondela, etc… con expediente de probas de Cabaleiro de Santiago a ESTEBAN JIRALDEZ E SANZ MERINO en 1.798. Entroncaron cos TRONCOSO DE LIRA.

    – FERNANDO GIRALDEZ , casado con BEATRIZ ARAÚJO. Do matrimonio naceron:

      – JUAN GIRALDEZ AVALLE, casado con MARTA GIL. Do matrimonio naceron:

        – IGNACIO GIRALDEZ AVALLE, bautizado en San Cristobal de Mourentan o 1 – 07 – 1.649. O seu fillo, FRANCISCO GIRALDEZ, casara con LUISA TRONCOSO DE LIRA E SOUTOMAIOR, filla de FRANCISCO TRONCOSO DE LIRA E BEATRIZ DURAN DE CASTRO.

Os Giraldez, espalláronse polo Condado atopandoos en Ponteareas, emparentados cos, Boo, Bouzo, Carrera, García, Giraldez, González, Martínez, Mera, Ocampo, Porto, Prego, Represas, Rodríguez, Torres e Troncoso. En A Cañiza, con Barros, Cortes, Domínguez, Estévez da Franqueira, Fernández de Valeixe, García, Gil, Gómez de Achas, Lorenzo, Miguelez, Paramés, Pérez, Pregigueiro, Romero, Táboas e Vázquez ademais dos Álvarez, Ferreiro, Giraldez, Mosquera, Moure, Pérez, Rodríguez e Simons. En As Neves, emparentaron con os Pereira do barrio da Estación. En Crecente, con Álvarez e Pérez. En Arbo con Gil e González. En Salvaterra, con Rodríguez de Pesqueiras, Cuña de Alxen, González e Rodríguez de Pesqueiras. Por último, en Salceda emparentaron con Lemos, Ferreiro e Novoa.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion