Cada un e quen é, e o Condado de Salvaterra é

turismo salvaterra do miñoAínda que non é moi orixinal este título, podería servir para un volumen de moitas páxinas encol da HISTORIA DO CONDADO DE SALVATERRA, porque o Condado, todo él, é unha obra perfeita da Natureza. Os terreos que a compoñen datan de máis de 15 millóns de anos. Deste xeito, todas cantas forzas naturais viñeron actuando encol da codia terrestre deixaron nesta terra sinais do seu traballo. Ollándoas, atopamos a eito toda clase de mostras do gran proceso xeolóxico que tivo lugar dende os primitivos tempos do mundo, deica os nosos días. As montañas que afondaron os ríos por onden percorren e labran as nosas ribeiras, o clima coas temperaturas sempre moderadas, choivas miudas e agarimosas, ese manto vexetal tenxido de verde permanente nas que inxergan tódo-los matices que pode amosar o máis atraente das cores. O paisaxe do que xa falamos, obra da Natureza é tamén dos homes dende a beira do Miño e Tea, deica o mesmo o Sannomedio, nesa loita épica coa terra e coa miseria de antano. Porque, si foi grande a obra levada a cabo, non deixa de estar ennegrecida polo mal pago recibido. Dende tempos moi antergos os homes do Condado de Salvaterra, cavaron é cavaron sen descanso tan enerxicamente coa Natureza que chegou a ser un verdadeiro xardín todo él. Aínda é. ¡Que fermoso tema para os poetas é pintores que tiveran verdadeiro senso humán!

Este Condado de Salvaterra que perdérase no tempo coma unha fror prensada nas follas dun libro esquecido é que algún día fora resto amado dunha paixón saudosa, buscada polas ondas leves do Miño e Tea, tráeme lonxanos efluvios do antergo poderío e melancolía. Da primitiva historia do mundo pouco ou nada sabemos. Tampouco da historia do Condado. A existencia dos castros quizaís, son os sinais da iniciación da nosa vida indíxena… fillos deses castros, das tribus que habitaron, según Moure Mariño, formando unha unidade territorial e social, antes chamados tempos históricos. Os petroglifos, son testemuñas daquelas civilizacións dolménicas, prolongados durante decenas de séculos da que non hai sinal algunha, por exemplo, daqueles asentamentos que poboaron estas terras. Isto non permite entaboar unha xenealoxía e deixar ver o parentesco entre o actual e o remoto. O tempo encargouse de ir aniquelando pouco a pouco a estirpe, chamada celta, que antano baixara das citanias amuralladas ata os primeiros anos de Cristo en que as igrexas instalaronse dun xeito máis nobre, máis risoño e máis seguro, según o describe A.R. Castelao. Esas igrexas o instalarse nos castros, superon captar as esencias máis íntimas do noso pobo é sin altera-las as cristianizaron, según o describe J.R.Barreiro, no seu libro “La Reforma estructural da microparroquía”. Tamén Sanchez Albornoz, ofrecenos descripcións moi interesantes de como forán aquelas igrexas, entre os séculos de iniciación da Reconquista, lares e muiños, no século IX e XI.

A irrupción dos Bárbaros, o arrianismo, a peste, a fame, as feras, desgarraron os homes, a decir de IDACIO, no Chronicón, ata o momento en que empeza a perfilarse e adquir forma a feligresia como unidade de feles, como pedra da vida dos nosos pobos ata os nosos días.

A antiguedade do Condado é antiquísima e oubera que recurrir o testamento de ODARIO e donacións reais atribuidas os reis Afonso II é III que representaron a situación no século XI. Os santos titulares de cada una feligresía que conforman o Condado de Salvaterra, ocupan os primeiros lugares como patrons, antes do descubrimento do sepulcro do Apóstolo na Iria. A presenza dos mouros nas nosa terras fixeron incursións e depreciacions, de ahí as covas de mouros espalladas polo lo Condado, e é curioso que as feligresias do Condado e de Galicia en xeral, se conserven despois de séculos, a pesar dos embates do poder feudal é eclesiástico, moi a pesar de seren obxetos de donacións, herencia, permuta ou venda, según o comenta Juan Sempere na “Historia de Derecho Español” en 1.846.

Síguenos:

1 Comentario

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*