Eu quero morrer vivindo

Neste mes de xaneiro do 2.011 o animador desta páxina vai camiño dos oitenta anos e quere deixar craro cal é o seu futuro con estas verbas:

Eu quero morrer rindo,
non quero morre serio,
e quero que me incineren pronto,
pero nón, no cimiterio.

Non quero morrer -durmindo-,
non quero durmir morrendo,
baixo a sombra dun piñeiro…
¡Eu quero morrer vivindo!
Quero durmir… ¿onde? Sexa,
onde queira o meu Destino:
Baixo a sombra dun piñeiro
ou na veiriña dun rio.

E cando a miña carne sexa
cinza, broten frores,
e onde caían nazan frores,
e frores de reiseñores.

Que nazan espiguiñas dóces,
con luminosas aristas,
do meu peito, que ama o arte,
para recreo dos artistas.

Non quero morrer -durmindo-,
non quero durmir morrendo
en sagrada terra estéril…
¡Eu quero morrer vivindo!

Manuel Alfonso Estévez Costas.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion