Fornelos do Rosal

fornelos o rosalEstá nun rueiro do Concelo do O Rosal. Poucos datos temos da súa existencia e os poucos que hai, temoslos que contrastar para súa posterior publicación. O que sí sabemos é que Fornelos está nun agraciado microclima, franqueado por grandes montañas, como a Serra do Argallo que queda o Este, o pico da Poza dos Corvos, camiño de Oia. Terra xenerosa en viñedos e frutais.

Este Fornelos do O Rosal, florece igual co resto da feligresía, formado por cinco rosas que representan as cinco feligresías en que antes dividiase. Para falar de Fornelos, temos que necesariamente falar do O Rosal, que limita o Norte con Oia, Miño o Sur, Tomiño e Baiona o Este, e A Guarda e Atlantico o Oeste. As feligresías son: As Eiras, O Rosal, San Xoán de Tabagón e San Miguel de Tabagón e Fornelos.

Hoxe, este Fornelos, e un rueiro olvidado, aínda que fora poboado de antergo, rico en restos arqueolóxicos, con poboado romano-medieval de san Vicente de Marzán en Santa Mariña, conservanse sepulcros antropoides dos séculos VI e VII.

A primieira cita històrica data de 1.131 que coinciden coas expedición dos Fornelos contra os musulmáns. En documentos do mosteiro de Santa María de Oia, poden comprobarse como estas terras foron moi nomeadas. O Rosal independizouse do concello de A Guarda en 1.847 en tempos da raiña María Cristina. En 1.879 Alfonso XII concederíalle a categoría de vila. Falaremos dos muiños de Folón e ascender a eles polos sinais que guian os viaxeiros dende a parte miñota ata as proximidades de Oia.

A igrexa de Santa Mariña, neoclásica for a construida en 1.847, destaca o retablo do altar maior do século XVIII; os frescos de Manuel Angel, etc… Os mirabeles, fruto característico da zona son famosísimos.

Por outra banda, o concello do que forma parte Fornelos, e terra de cruceiros e petos de ánimas, dos que hay catalogados uns cincuenta, séculos XVI e XIX todos eles de piedosa beleza.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion