Ruta 8.- De Ponteareas a Covelo pasando por Mondariz

Falamos noutra ocasión de Ponteareas, coa súa ponte medieval sobre o rio Tea, rio trucheiro por excelencia, rio de augas craras que se van o pai Miño. Historia e Natureza en Ruta, falou de Ponteareas, como capital da Comarca do Condado, limitando coas montañas da A Paradanta, coas rutas adicadas a ribeira miñota, onde os viaxeiros en ruta se adentran muy gustosamente, porque este territorio de contrastes conxugan o verdes dos vales e os grises das robledales. Son terras de casas solares, pazos e castelos; de testimuñas do seu esplendor medieval. E xunto a tódolo anterior grandes igrexas, augas de milagres, paisaxes de interminables horizontes, etc…

Viaxeiros de Historia e Natureza en Ruta, coñece perfectamente a súa Historia, só falta a que está por vir. Conforman o seu territorio as feligresías de Angoares, Arcos, Areas, Bugarin, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fózara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Oliveira, Padróns, Paredes, Pias, Prado, Ribadetea e Xinzo, todas elas ricas en nacementos arqueolóxicos, Citania de Troña, na feligresía de Pias, poboados en Angoares, Bugarin, Celeiros, Guillade, Oliveira e Ribadetea, onde a Cidade de Fózara descubríranse cerámicas e unha vaixela grega.

Viaxeiros en Ruta, recoñece que Ponteareas pode presumir dun ancestral poboamento que xá no Cronicón de Hidacio se falaba; esta terra foi arrasada polos vándalos no ano 445 d.c. Suponse que a vila romana de Angoares fora destruida por aquela data, onde está actualmente a igrexa romana.

Viaxeiros en Ruta, aproveita para degustar as rosquillas de tanta fama e antes de arrancar para Mondaríz e Covelo, quere deixar constancia documentada do primeiro documento que fala da vila correspondente a unha cédula do rei Alfonso III entregada no rueiro de ARENOSIUM (Areas). Esta tranquila vila, viviu baixo a influencia do Castelo de Sobroso, enclavado en Mondariz e rescatado por o concello de Ponteareas en 1.981.

Viaxeiros en Ruta, que gosta das grandezas históricas e da Natureza, quere deixar constancia dos vínculos que lles une a ilustres persoaxes do Condado, Sarmiento, Soutomaior por casamento; lembrámos o rei Juan I coa entrega a Pedro Ruiz Sarmiento o estado de Sobroso e tamén a Payo Sorredea Soutomaior a feligresía de Canedo. Precisamente o casamento de Teresa de Soutomaior e García Sarmiento conformaron o que son hoxe esta terras. Mais tarde se lles uniría Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga) que voltou a fragüar as loitas feudales.

Viaxeiros en Ruta, entran na historia en tempos dos Reis Católicos, pacificada a Comarca, García Sarmiento recibe do rei Fernando en 1.483 o privilexio de celebrar unha feira mensual no coto de Canedo, onde hoxe está a praza Maior fai máis de cinco séculos.

Viaxeiros en Ruta achégase novamente a igrexa de Angoares, San Pedro; a igrexa de Padróns, Paredes e Cumiar, fechadas en 1.184. Faise unha parada para descansar e aproveitar un bó xantar coas troitas e o viño sempre agradable da Comarca, o mesmo tempo que tomamos boa nota dos mosteiros que houbo, en san Pedro de Angoares, San Estebo de Cumiar, San Batolomeu de Fózara, San Breixo de Arcos, que posiblemente sexan descoñecidos porque ningún deles quedou en pé;
somentes os franciscanos de Canedo do século XVIII. En canto os Cruceiros, lembrámos o de Ribadetea de 1.865, o Descendemento en As Cachadas e o Dulce Nome en Pias.

Viaxeiros en Ruta, non deixa de visitar os areais fluviais de Ribadetea e a sempre lembrada da Aceña de Moreira, seguindo o curso do Tea. Sen tempo que perder, Viaxeiros en Ruta, coas rosquillas e viño, emprendemos camiño a Mondaríz facendo alto nun vello muiño, hoxe restaurante “Cata Vento” antes de chegar a Mondariz. Atrás deixamos parte de verdes terras e fértiles vales sustentadas durante séculos chegando a Mondariz con un esplendido sol. Aqui naceron “Os Cesteiros” que surtiron de capazos, pero Mondaríz é moito Mondaríz. Por ter, ten de todo: nacementos arqueolóxicos, castro de Riofrio, Lougares, Meirol, Mouriscados (dólmenes e mámoas); lendas de “mouros” e un largo etc…

Tamén ten a “ponte da Cernadela”, do século XV, posiblemente reformada da VIA XVIII romana que unía Brácara e Astúrica. Ningún dos Viaxeiros en Ruta, duda dos séculos vividos baixo o dominio eclesiástico do mosteiro de Melón e do vasallaxe do castelo de Sobroso. Con pan e viño, estes viaxeiros en ruta foron camiñando ata a fermosa igrexa de Santa Baia, patrona da vila datada en 1.711 con un campanario e balconada; nesta igrexa se guarda o sepulcro de San Eusebio, unha pila bautismal, incensarios do século XVIII e xoias como “El Cristo de las llagas de Santo Tomás” e o “Cristo de la Humanidad, dos mestres pintores Tiziano e Murillo.

Pasámolo día contentos e felices en Mondariz e como non nos chegou aproveitamos a entrada no Balneario para quedarnos unha noite e pasear polo rio Tea antes de entrar nas milagreiras augas de todos ben coñecidas. Xa todos sabíamos que das obra da A Gándara apareceran obxetos antergos, pilas e outros elementos de utilidade que indicaban que esta augas xa eran coñecidas
antigamente.

Enrique Peinador adicouse a promocionar estas augas co “PalacioMundial das augas”. En recompensa o pobo levantoulle un monumento a sua memoria. Eran tempos de groria, 1.898 ata 1.925.

Viaxeiros en Ruta, recopila os visitantes ilustres como Nicolás Salmerón, Isaác Peral, Primo de Ribera, a Infanta Isabel de Borbón, Emilio Castelar, Pardo Bazan, Wenceslao Fernandez Flórez, Carlos Arniches e outros.

Dicía Otero Pedrayo que “Mondariz fue una época en la historia de Galicia y de España”, Antonio Palacio co seu “templete” formou parte desta entrañable vila. Mondariz é un rueiro de actividades turísticas e culturais, con un encanto especial. Foi moi agradable a visita o Museo Etnográfico das As Pias.

Deixamos atrás as augas e encamiñamos a ruta a Covelo, onde o inverno e frio, de neve e lobos. Terreo abrupto e montañoso encaramado a Fontefría do que decía Ramón Otero Pedrayo “Todo el horizonte parece experimentar en sus formas la atracción del gran valle oculto y del mar”. O ar limpo e san, apreciamolo os Viaxeiros en Ruta. Beleza natural e ampla campiña rodeada de tesouros como a “ponte románica” en Fofe, o Cruceiro do Cristo dos Aflixidos na praza principal da vila, datado en 1.899 obra de Cerviño. Santiago de Covelo e falar do castro e petroglifo, ainda que esté moi deteriorado, contemplalo restos ancestrais do poboamento, asistir as lérias dos tesouros dos mouros; ollar a “Pedra do Ruido” coa sua mensaxe, é todo un arte.

En fin, amigos viaxeiros estamos chegando o final, pero antes pensamos todos que O Covelo, comparte caza e pesca e presume de boas oportunidades gastronómicas que aproveitaremos en outra nova ocasión. Nos sabemos agora onde está O Covelo, que limita o norte con Fornelos de Montes, Mondaríz e A Cañiza o sur é este, e Mondaríz o Oeste, formado polos rueiros seguintes: Barciademera, Campo, Casteláns, Covelo, Santa María e Santiago, Godóns Graña, Lamosa, Maceira, Paraños, Piñeiro, Fofe, Prado e Canda. Todos istes rueiros quedan para unha nova ocasión, regresando as nosas casas, lembrando a Pedro Madruga campando por estas terras que dominou en colosal pugna contra os Reis Católicos, que noutras novas rutas descubriremos para vostedes.

¡Que así sexa!

Síguenos:

1 Comentario

Dejar una contestacion