Ruta 9.- Historia e natureza en ruta relixiosa por Ponteareas

Hoxe Historia e Natureza en ruta relixiosa, ten un camiño revelador ata o rueiro elexido polos deuses, e sexa como sexa, aínda coa mosca trala orella, por aquelo da comida frugal atribuida os galegos, encamiñamos a nosa viaxe, tratando de encontrar todolos ingredentes do mito, respirar as verbas máxicas que non son outras cas explicadas na orixen do mundo e dos deuses, sabendo que o comenzo de tódalas cousas, a Nai Terra, emerxeu do cosmos e da luz, namentras durmía o fillo Urano. Este contemplaba a sua nai dende o maís alto da montaña musicando o mexunxe, un pouco de fantasía, etc… que servíalle de cuna e derramando unha bágoa que foi discurrindo entre as montañas, abrindo torrentes de auga, frores e árbores coas aves e animais que nos con agarimo lembraremos nesta ruta relixiosa por todolo Concello de Ponteareas.

Asi pois, partindo de Salvaterra, chegamos a feligresía de San Martiño de Moreira, pra visitala igrexa de San Martiño, do século XVI, o mesmo tempo que faremos un alto no camiño e nos adentramos na casa solar dos Troncoso, hoxe Pazo Rural, que dirixe unha familiar dos Troncoso, Rosa María Pérez Viso, no rueiro de Vilanova, onde fomos atendidos con toda cordialidade, para seguidamente encamiñar a ruta a Ponte das Partidas, da época medieval. Pasamos a feligresía de Nogueira, coa igrexa do Salvador do séculoXIX, e o Cruceiro da Victoria. Xa en Cristiñade, ollamos a igrexa do Salvador do séculoXVII, a capela de San Gregorio en Soutovidal e aproveitamoslo tempo xirando visita a Área Recreativa alí existente. Seguimos adiante e chegamos a Gulans, coa sua igrexa de San Xulián do século XIX, a ermida e o monte de San Cibrao, onde a litolatría ou culto as pedras, está presente, onde non hai divinidad que a Ciencia e os canteiros as convertan en templos. Asi que din por estas terras que Deus e bó, pero o demo tampouco é de todo malo, e decimos nos que mais vale seguir en paz, ainda que a desconfianza non falte, e coma sempre adiante o facemos para chegar a feligresía de Xinzo, a igrexa de Santa Mariña, terra de peixeiras, do século XVIII e pola via ou estrada N-120 pasamos a feligresía de Areas, onde lembramos o primeiro dos documentos históricos que fala de Ponteareas. Trátase dunha cédula do rei Alfonso III que entregou en Arenosium o goberno compostelan; visitamos a igrexa de Santa María, a casa rectoral e pasamos polo pazo de Porto-Barreiro para termiñar na Área Recreativa de Bouza-Vella en Ganade.

Todos sabemos da festividade do “Corpus Cristi” coma un dos maís atractivos turísticos da vila, que sendo importante non desmerece para nada os nosos viaxeiros en ruta relixiosa. Encamiñamos pois os nosos pasos a feligresia de Ribadetea, visitamos a sua igrexa de San Xurxo do século XIX, o Cruceiro do Torreiro do ano 1.865 e visitamos “A Freixa” respectivamente. De novo arrancamos ata Padróns, visitando a igrexa do Salvador coa sua portada románica é pasamos a feligresía de Paredes, ollamos a igrexa de San Cibrán, restos románicos e pola estrada de Pazos de Borbén a Ponteareas, nos encamiñamos a Fózara con visita o castro da Cividade, igrexa de San Bartalomeu do século XVIII; daquí pola estrada de Mondariz, pasamos a feligresía de Pias, como sempre visitamos a igrexa de Santa Mariña, casa rectoral, castro de Troña e campo de golf.

Nos diriximos a Prado, coas suas pinturas murais do século XVI, igrexa de San Nicolás e chegamos a Bugarin, ollando coma sempre, a igrexa de Santa Cristina. Xa cansos de tanto andar, non encontramos mellor rueiro que na “Ponte das Partidas” para xantar ese manxar das nosas mesas, “a lamprea” ou “o bacallao”. A lamprea que xa a capturaban os romanos cos aparellos de madeira no rio Tea. Tamen o bacallao, servido con un tinto do Señorio de Rubiós da Adega Coto Redondo.

Historia e Natureza en Ruta, chega a feligresía de Angoares, e recréase na igrexa de San Pedro, do século XII, na Ponte do Carbalón da Idade Media, e pola estrada de As Neves, se para na feligresía de Fontenla, visita a igrexa de San Mamede do século XVIII, a casa solar dos Araúxo e o portal dos Benavides do século XVIII; camiñamos a San Mateo de Oliveira, admiramos a igrexa do século XVIII, casa rectoral e o castro de San Mauro. En Celeiros, facémos o mesmo coa igrexa de San Fiz, do século XVIII, visitamos o Panteón dos Candeira, obra de José Cerviño. Seguidamente pasamos a feligresía de Guillade, paramos na igrexa de San Miguel do século XVIII, as ruinas do mosteiro de Santa Leocadia do século X, enlazamos con Santiago de Oliveira, visitamos a igrexa do século XVII, a feligresía de Cumiar, coa igrexa de San Estevo do século XII, e saimos en San Lorenzo de Oliveira, visitando a igresa do século XVII, termiñando na feligresia de Arcos, na igrexa de San Breixo y xa aproveitamos para admirar a Pena do Equilibrio e a Pena dos Namorados, dando por concluida esta Historia de Natureza en Ruta, que esperamos sexa do seu agrado.
Moitas Grazas.

Síguenos:

1 Comentario

Dejar una contestacion