Un canto a morte da mazaira deliciosa

mazaira neno¡Canta pena, souben non hai moito tempo da túa morte “Mazaira Deliciosa”, inxertada polo tio avó Rogelio Estévez Cambra, traida de Bos Aires no ano 1.926 e que te elevabas na horta dos Cambra, no rueiro do Casco, de Fornelos da Ribeira! Con todo agarimo lémbrote e evoco o meu pesar pola túa morte, que tantas veces eleveime en tí, coa idealidade misteriosa, as miñas miradas de neno, a miña admiración inocente: Chegou a tanto a miña admiración que, por onde queira que me levaran os pasos, o sair do eido do Casco, dirixía os meus ollos a horta que tanto amei. ¡Que alegría cando de neno te ollaba! Parecía namorado de tí, mazaira querida. Hoxe, camiño dos oitenta anos, a miña “nenez” segue sentindo amor e admiración por tí, quizais non sabería por qué, pero foi sempre así.

Agora, xa vello, valoro toda aquela tenrura, toda aquela admiración contemplativa, toda a idealidade que inspirabasme cando chegaba a tí, e probaba algunhas das túas mazas vermellas e perfumadas con un cheiro especial, que atraía.

Certamente, sentíame pouquiña cousa ante a túa grandeza, que falaba o meu cerebro pequeniño, pero cheo de cousas coa inocencia soñadora gardada na dorada caixa dos misterios.

Nunca borreite da miña memoría. ¡xa vés! Pasaron moitos anos, cheguei a vello, e a túa imaxen fica firme, porque aquela mazaira deliciosa, sempre estivo grabada no meu peito. ¡Non tardaremos moito tempo en suntarnos no mundo da verdade! Grazas mazaira querida por tanto amor repartido en tantos anos, ata que moreche de velliña, coma as grandes, condenada a morrer como está escrito para todo o que nace, porque a morte é o coronario da vida! Así foi para tí y así será para min.

Así será.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion