Ruta 10.- Historia e natureza pola ruta do Miño

Unha vez maís, o rio Miño lévanos a viaxeiros en ruta, de Salvaterra a Crecente, pasando por As Neves e Arbo, quedanos de camiño. Saimos de Salvaterra, que está enclavada no Condado como o resto, dun verde que forma o pai Miño e o seu fillo o Tea, e onde houbera poboación nos tempos moi remotos. Daquela época preromana, ainda hoxe conservanse diversas mámoas, no rueiro da Salgosa en Oleiros, castros coma o de Castro Alegre, na mesma Salvaterra, Fazáns no Uma. Monte Castelo na feligresía de Pesqueiras, Monte do Castro en Lourido e Lira e A Cividade en Leirado. Seguindo a ruta, movémonos sobre os “fabulosos tesouros”, ainda que ata hoxe, non se descubrira outra cousa que algunha cerámica. Tamén levanos a ese esplendor da época román, pola explotación aurífera, etc. O que por certo descubrimos foi que nos tesouros descubertos en 1.913 consistiran nunha vaixela con moedas de Nerón, Vespasiano, Adriano, Trajano e outros.

O documento que fala de Salvaterra está datado no ano 911 cando o rei Bermudo II dona estas terras a igrexa compostelá que entón chamábase “Lacedurium”. Co nome de Salvaterra, aparece nun documento da época dos milagres de Pedro Gonzalez Telmo no século XIII, entón fortificada en gran parte da sua Historia coas “covas de dona Urraca”, palacio dos Condes, a escala de caracol que comunica coas naves que integran os restos do conxunto. E non falemos das repetidas guerras nin dos castelos nin do escudo daquela época vivida coa sua veciña Monçao.

Aproveitámoslo tempo para visitar o pazo Barreiras do Samientos, os restos da mal chamada “casa da Inquisición” de Bartolomé Barbeito en 1.688; a casa de Petán que fora de Diego Sarmiento e Soutomaior, o pazo de Porto do século XVI de Pedro Vaz Pereira de Castro e o pazo de Souto en Arentei do século XVII. Todo isto para facer boca, como diría maís de un. ¡Non vexades como disfrutamos da belida xeografía de Salvaterra! E coa mellor perspectiva do Monte Castelo coa capela na rocha, onde a paisaxe fai regalías pros ollos, emprendimos viaxe As Neves, onde a ribeira suave do rio e os afluentes Termes e Chutáina, regan a zona. As Neves, escomenza en 1.904 antes fora Setados, por iso documentamonos nos abundantes restos do Paleolítico e Neolítico, e tamén no prerromán. Así o fixemos camiñando o monte Carboeiras cos dólmenes e mámoas; coto do Facho, Castro de Bocas, Castro de Altamira e Chan de Vide. En Altamira os bronces románs, Castro da Cividá e Bocas, na feligresía de San Xosé de Ribarteme e Fonte das Barbas en Santiago de Ribarteme. Altamira en Taboexa, onde encontraran figuras de bronce da época román, unha “ara” adicada o rei Mercurio, pode verse no Museo Diocesano de Tui. Outro dos monumentos da vila de As Neves é a sua igrexa, vinculada a aparición da Virxen a un tal Gonzalez, un humilde pastorciño do século XVII que sirviu de peregrinaxe e motivo para sua construcción.

En 1.668 Melchor de Velasco e o canteiro Amaro do Campo iniciaron as obras. O impulsor dela foi Juan Sarmiento, morrendo na data da sua terminación, pero viaxeiros en ruta non paran quedos e desplázanse a Taboexa, Santiago de Tortoreos, para encamiña-la ruta a San José de Ribarteme, para atoparnos coa procesión “dos cadaleitos” que celebran cada 29 de xulio de cada ano, coas pintorescas romarías na honra de Santa Marta, tañido de campás, cánticos fúnebres, citas rituais coa morte, etc.

Cansos de tanta parafernália, voltamos o restaurante Montesol, onde xantamos e bebimos uns tintos de Rubiós acompañando unha boa lampreada, o mesmo tempo que disfrutamos dun belido e pintoresco paisaxe formado polo val do Miño,Monçao e Salvaterra.

Rio arriba, enfilamos o camiño o Concello de Arbo, abrupto e montañoso, regado polo pai Miño, e os afluintes Deva, onde quizais fora a batalla do Monte Medulius, e o Cea, paramos en Cabeiras, lembrandonos da machada do Neolítico e do monte de As Croas, en Sela dun petroglifo.

Falando do primeiro documento histórico de Arbo, sinalamos a donación que fixo Alfonso VII o mosteiro de Melón. Nesta cédula, o rei dona as chamadas “Piscarias de Guixande”, que eran cotos de pesca de troita, lamprea e sábalo.

Historia e Natureza en ruta, entérase de que no século XII ata o XIV a historia de Arbo, foi de loitas entre leoneses, casteláns, portugueses e galegos. No séculos do XVI a o XVII as guerras con Portugal e outras ata o século XIX coa Independencia contra os franceses do 17 e 18 de febreiro de 1.809 coa batalla de Mourentán, grazas a coraxe do pobo, que puxo punto e final.

A historia de Arbo está ligada os Troncoso, Soutomaior, Sarmiento, Puga e Lira, de ahí os pazos e torres, coma a de Moreira dos Vázquez de Puga, en Cequeliños. O pazo de Almuiña no mesmo Arbo. O pazo do Pombeiro, que mostranos a prosperidade e fertilidade agrícola da terra. Por certo, terra de lamprea por excelencia, guisada ou seca, en empanada, etc. Un actractivo gastronómico con excelentes viños que aiquí producense, levando a palma da fama de ser os mellores caldos galegos.

Probados estes productos da terra, recuperadas as forzas, Historia e Natureza en Ruta, levanta o vó a Crecente, enclavado na A Paradanta, terra xenerosa, onde a axa, cos restos da citania de Montecidá, en Quintela, onde se asentaran tribus prerromanas. E quizais, por aquí discurría unha calzada román: Houbo unha torre demolida no século XI, e coas pedras fíxose o mosteiro no século XIII que pasou a colexiata. Crecente, data do ano 1.158 como protagonista das guerras entre Alfonso VII e Alfonso Enriquez, que termiñaron coa independencia de Portugal. Despois aparece a Torre de Fornelos, envolta en maleza, moi deteriorada, que fora de tres pisos, levantada en 19 metros na sua cara este, e once na oeste. Este baluarte constitue a Torre da Homenaxe da fortaleza.

Historia e Natureza en Ruta, visita a igrexa de San Pedro de estilo do románico o gótico; contempla a reliquia da Vera Cruz. Frente a beleza do seu portalón e a sua nave, as capelas laterais de 1.920. Pois ben, visitados os atractivos militares e relixiosos da vila, aproveitamos a visitar o Pazo de Barreiro en San Xurxo de Vilar, do século XVIII coas armas do Xil, Araúxo, Soutomaior e Troncoso. Aproveitamos o ofrecemento para visitar o coto de Frieira, disfrutamos da praia fluvial de Pousa, coa beleza de Filgueira e a inmensa bágoa de auga dulce, rodeada de verdor coa que regresamos e pomos punto final a nosa ruta.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion