Ruta 11.- Historia e natureza en ruta ecolóxica pola beira do río Miño

O Condado de Salvaterra do Miño, conta con numerosos espazos naturais de gran beleza paisaxística e de interese ecolóxico, onde habitan animais e prantas, que podense observar e estudar no seu propio espazo natural. Viaxeiros en ruta, propon este itinerario ecolóxico, tanto para maiores como escolares, visitando as zonas húmedas do rio Miño, onde se poden observar aves, patos, comparar a diversa vexetación. A influenza que teñen as actividades humáns, a agricultura, contaminación, etc. Os peixes do río, como, a troita, salmón, sábalo, lamprea ou as anguilas, incluindo os escalos, porque deste río todo se come.

Historia e Natureza en ruta ecolóxica, encontrará numerosos datos, para entender mellor esta regalía dos deuses que moi pouco sabemos valorar.

PARA QUE SIRVE ISTO.
En principio como GUÍA para realizalo itinerario, polos diversos rueiros maís interesantes, e tamen como elemento de traballo para os viaxeiros en ruta e os escolares dos diversos centros do Condado de Salvaterra do Miño, interesados en ampliar os coñecimentos da terra.

O traballo de historia e natureza, non se acaba con facer iste itinerario, incluso os siguintes, non, senon que de volta do campo, e necesario empregalo tempo pra ordear datos, comprobar a realidade e resolver as dudas prantexadas durante este tempo, pra finalmente, entre escolares, discutir os diferentes datos e conclusións.

Cremos que este primeiro dos itinerarios, sirva para descobrir moitas cousas que ignoramos.

O QUE SE DEBE TER EN CONTA.
Para realizar esta saida, se ten que ter presente unha serie de cousas como:
– Non recoller animais ou prantas para logo tiralas.
– Camiñar con precaución, sin sairse do camiño marcado.
– Levar roupa adecuada. Conven que sexa de cores, como o verde. Calzado forte.
– Para “anotar” as observacións, compre levar sempre un caderno e bolígrafo.
– Lembra que é preferible escribir de mais, que recolectar prantas ou animais, pois estan mellor no seu ambente.
– Non cargarse de cousas inútiles, usade sempre os de plástico.
– Usa guias ou bibliografías que e útil para determiñar e ver as diferentes prantas ou animais. Non te cargues de libros.

MATERIAS DE CAMPO: Observación de aves: Prismáticos de 8 x 30.
Estudo da vexetación: Cuadrado dun metro de terreo de lado ou catro estacas, e unha corda de 4 mtrs. Tixeiras fortes de podar ou navalla. Bolsa plástica.
Estudo e recolección de materias: “auga”, termómetro, densímetro e frasco de plástico.
Sedimentos: Auga oxixenada, ácido clorhidico. Bolsa e culler de plástico.
Plancton: Manga de plancton e frasco de plástico. Alcohol de 96º.

PRIMEIRA PARADA: SALVATERRA
Achegámonos a Salvaterra dende Tui, pola estrada que vai pola veira do Miño; de Ponteareas, pasando por Fornelos. De As Neves a Salvaterra e de Monçao a Salvaterra polo ponte internacional que xa non é tan internacional. Cáse que o pé ollamos o Parque da Canuda, co seu panorama e visión do Miño, o castelo de Monçao, e toda a riqueza do parque, que non é pouca.

Dende aquí, observamos as prantas que emerxen da veira do río, os páxaros e recollemos mostras do chan: Propiedade da capa negra, reacción da auga coa auga oxixenada, e a reacción co ácido clorhídico. Anotamos as observacións entre prantas e prados y preguntamos ¿Que diferencias hay? Observamos dos páxaros e demais aves, o plumaxe, picos e patas. Variedad de formas.

Xirando polo rio arriba, Porto Seco, observamos a flora e fauna que caracteriza a zona. O Salmón, a troita, anguilas, lamprea, sábalo, etc. Finalmente as aves, que buscan o seu alimento e finalmente algunhas prantas que se adentran no fango do río, unha delas, medicinal que fora descuberta por Francisco Clemente Cambra, médico ciruxano en Fornelos da Ribeira, en 1.830, que él usara para curar as enfermedades dos seus pacientes, por aquellas datas.

– ¿Sabemos como se chamaba dita pranta?

– ¿En que parte do rio se encontra?

¿Hai algún libro que fale dela?

A importancia desta riqueza natural vese amenazada pola acción do home; os recheos e outras accións veñen alterando as condicións de vida, tanto vexetal como animal. A explotación desordenada dos recursos naturais veñen poñendo en perigo a vida dalgunhas especies ocasionando a desaparición doutras alterando o paisaxe da zona.

Outras zonas a visitar: As Neves, Arbo, Crecente e A Cañiza pola ruta do rio Miño, e pola ruta do río Tea, Ponteareas, Mondariz e Covelo.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion