Ruta 12.- O castro de Leiradiño na abadía de Santa María de Taboexa

Viaxeiros en ruta cultural, achegáronse a Colina de Altamira, enclavada no lugar de Leiradiño, da feligresía de Santa María de Taboexa, do concello de As Neves, onde existe una citania e algunas inscripcións rupestres en estado de abandono por parte de Patrimonio Cultural de Galicia. Precisamente, As Neves ten importancia prehistórica pola existencia desta antiquísima poboazón de altura, descuberta na colina de Altamira, mercede o alcalde de As Neves e mestre de Taboexa, JUAN ÁLVAREZ GONZÁLEZ, que fora o iniciador dos descubrimentos, que mais tarde, realizaron con sorpredentes resultados o catedrático da Universidade de Valladolid, CAYETANO MARGELINA e os pontevedreses SEBASTIÁN GONZÁLEZ PAZ da Universidade de Santiago de Compostela e JOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, membro do SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, entre os anos 1.924 a 1.928.

Viaxeiros en ruta descobren que a exploración verificada por eles, permitíu descubrir edificacións de corte os do monte Santa Tegra; murallóns e baixos relieves coñecidos co nome de CONZUEIRAS e destiñados a que dentro delas xirasen as portas, muiños de man, machadas e outros obxetos de pedra, obxetos de cobre e ferro, lanzas, cravos, candiles de bronces e outras ferramentas e utensilios de cerámica, o cal servía pra calificala como citánia de poboación céltico-románica, de análogo parecido cos de Santa Tegra e Domaio.

Pois ben, viaxeiros en ruta cultural, dentro do abandoado da citánia, documentaronse dos obxetos, algunas moedas, hoxe depositadas no Museo Arqueolóxico de Pontevedra, e algunha outra cousa no Museo de Ponteareas, no Castelo de Sobroso. Eran tempos en que dirixía o Museo de Pontevedra CASTO SAMPEDRO. No Museo do obispado de Tui, tamén ten algunas cousas.

FILGUEIRA VALVERDE, publicou no Faro de Vigo o 22 de Agosto de 1.930 o descubrimento e a admirable panorámica que vese dende a cumbre de Altamira, desgraciadamente abandoada, non só pola Dirección Xeral de Patrimonio e Cultura, senon pola Comunidade de Montes Vecinais en man común de Taboexa que construiu unha poza, sen permiso municipal e do Patrimonio no entorno de “protección dos petrofrifos de O Rego Novo, I e II, que de acordo co art. 40,2 da Lei 16/1.985 do 25 de Xunio do Patrimonio Histórico Español, está declarado BEN DE INTERESE CULTURAL, e suxeto a Lei 8/1.995 do 30 de Outubro, como Patrimonio Cultural de Galicia e polo tanto, suxeto o réximen xurídico de protección.

Ben podían facer algo por este Ben Cultural a Comunidade de Montes en man común de Taboexa, en colaboración co Padroado Cultural de Galicia, para que fora mais visitado e en mellores condicións do que está. ¡Da pena! Aquí rematamosla visita que por outra banda a panorámica e unha verdadeira maravilla, rematada por dous bancos pra sua contemplación.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion