A universidade de pais no Condado

universidadeDa man de Manuel Alfonso Estévez Costas, que vos invita, imos entrar na Universidade de Pais, baixo o dito de Jorge Semprún: Non debemos pensar no mundo que deixamos os nosos nenos, senon nos nenos que deixamos no noso mundo.

Porque, con estas verbas, de Jorge Semprún, falecido non fai moito tempo, pretendo abrir a xanela ou fiestra os Centros do Ensino da nosa Comarca, no senso educativo para o futuro. Os anos de experiencia, por este home, que son eu, podo falaros dunha pequeña historia que ven a conto desta universidade de pais.

Cando era neno contabánme que na vila de Ponteareas, por aquél entón, estabase construindo o actual Concello. Un paseante, curioso preguntáralle a un dos canteiros: E vostede ¿Qué fai?
– Sudando con esta pedra con este sol do carallo.
O paseante atopou o segundo canteiro e espetóulle: ¿E vostede que está facendo?
– O que me mandaron, carallo!
E seguiu preguntandolle a un terceiro: ¿E vostede que está facendo?
– Construindo o concello, expetoulle.

Pois ben, todos construimos algo, colaborando nalgún proxecto, de manter a humanidade, de garantir o futuro, en edificar algo, un mundo mellor. E de librarnos, día a día, do sensentido que hai moito na viña do Señor, facendo realidade a utopía. Certamente, a HUMANIDADE reconvertese en cada neno que nace, en cada ser humán coa tenrura maternal, comprensión da sociedade, transformando a bioloxía en cultura.

O que eu chamo a universidade de pais, aspira cada vez mais, a colaboración deste proxecto cuxa finalidade é a “educación e formación” dos fillos. E posible, que resulte un tanto extrano a moitos pais, pero cabe lembrar que a educación, en moitas ocasións recibiu o influxo de psicoloxías, teoloxías e filosofías equivocadas. De ahí “Os escaldados”.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion