O Tempo corre sempre contra mín

O Tempo corre sempre contra mín

O Tempo corre sempre contra mín

Antonte, cos meus 80 anos enriba do lombo, soñei que atopábame na casa solar dos Cambra, en Fornelos da Ribeira. Xa non había ninguén da familia e so escoitábase o tic tac do reloxo que había na sala do fogar. Eu estaba na cama e non me levantei, pero naquela habitación escura, falecera a tía Pepita Cambra e Muñoz; nela víase unha luz vermella e unha cruz no chan. E logo observei que os meus pes estaban atados con uns cordóns de zapatos que non eran precisamente os meus.

Necesitaba ir onde se ollaba o reloxo co seu tic tac que cada vez mais se ia enxertando no fondo da miña cabeza. Decidín ir a saltiños, pero os zapatos impedíanme andar. Eu pensaba: ¡fíxate un pouco, no pouco caso, que lles fago os zapatos! E que son necesarios para camiñar. Tódalas cousas son iguais, reflexionaba: Cando as tes non as aprecias, pero cando non, aínda que sexa un pouco ¡o que che costa facelas cousas sen elas! Non tiña mais tempo para pensar. Necesitaba actuar xa.

Abrín o armario e vin unha caixa de morto co reloxo que tanto me fixera sufrir, e unha lápida o lado. ¡Asusteime! lembrando que puña o meu nome e que estaría morrendo alí mesmo, pero non, o único que me quedou gravado naquela lápida foi: “O Tempo corre sempre na túa contra”.

Non sei o que pasou nin que sería o que facía alí, nin quen me levou, pero o que si, dende logo souben e que aquela frase e a mais real que ninguén me dixo. Dende entón, a os meus 80 anos, aproveito cada segundo da vida que me queda.

Síguenos:

2 Comentarios

  1. Dicen os que interpretan o sinificado dos sonos que as ensoñacions coa morte alongan a propia vida. Non o sei, con franqueza.O meu caracter pragmático me impide darlle certa credibilidade os temas oníricos. O que si me atrevo a pronosticar e que Vostede ten corda para rato e que resulta alentador para os que imos detras- O tempo corre para todos- e a lucidez con que Vostede nos fai partícipes da sua dilatada e valiosa experiencia, o xeito teimudo en como alguen da sua idade fai unha reciclaxe forzosa para atreverse coa rede e as TIC. Para min persoalmente foi un pracer visitar o seu espacio e abrir a posibilidade de facelo en sucesivas ocasións. Unha aperta:

    Xesús Presa.

    • Moitas grazas polas verbas e ler os meus artigos. Agradezo o que me dís dos meus 80 anos. Agora que estou mais libre pola xubilación, adícome a miña terra de Fornelos e O Condado de Salvaterra con agariño intentando deixar un pouquiño mais co can, que come, dorme e ama o seu amo, como dixo en alguna ocasión meu tio abó Roxelio Estévez Cambra.

      Un saudo é espalla O Condado entre as tuas amistades.

Dejar una contestacion