O Mar de Vigo

O mar de vigo
Cando dende a Praia do Vao, mar de Vigo, mírote, descobres os meus pensamentos, e eu en ti lémbrome dos sonos. Si dos sonos. A festa de San Xoán, patrón de Fornelos da Ribeira como un acontecemento a luz da fogueira de cando neno, ou, o anoitecer da ponte da illa de Toralla coa ollada de conformidade e cómplice de todas elas. Reflexo da lúa, irmán túa do destello branco e sereno que te acompaña, mar de Vigo, para que as túas augas descansen e te refresquen da calor da sal que esperta dándoche cores vermellas denantes do alumbrar de todo, para bañar a túa tersa pel duns cores verdemar, que te envolven en música miudiña, destellando no mar esa poesía que so ti sabes recitar coas olas, olas de cheiro, olas enfurecidas de ira, cando ven o caso, que arrastran o máis íntimo de ti: Mar de Vigo. O salitre, a túa area que se pega a pel na belida Praia, para permanecer cheirando a marusía día a día nos meses de verán, despois da túa ira, do teu chamamento sereno, de tódalas dubidas espalladas por tódalas partes do mundo.

O aproximarme o teu destino, síntote e alégrome tamén, respiro fondo sen poder encher os meus pulmóns co teu ar: Mar de Vigo. ¡Que encanto mirarche, e pasear pola túa beiriña! ¡Como sempre o fixen! Admirarte, Mar de Vigo, cando as miñas pupilas cheguen o teu encontro, para non perder un so destello do teu mensaxe segredo; para contemplalo que ti eras, auga transparente, limpa (cando te deixan), cor verdemar, diversidade de cores e tons que cada quén expresa en cada instante, das nosas vidas.

Hoxe, xa vello, gústame sentir os teus aromas do día a día, porque cada un deles, ten o seu encanto, o seu misterio. Todo isto, e froito do gozo da vida. ¡Canto ben faríamos mantelo limpo, como Deus manda!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion