Lembranzas da terra

cementerio morte

Existen diferentes clases de morte. En algunhas, o corpo perdura, en tanto que en outras desaparece completamente a vez que a alma. Isto sucede, polo xeral, mais que na soidade (tal é a vontade de Deus) e, non habendo asistido ninguén a ese final, decídese que o home se perda para sempre o que partira para un longo viaxe, o que cabalmente é a realidade. Pero as veces, a cousa prodúcese en presenza de varios, cuxa testemuña ven a ser a proba. Hai unha clase de morte na que a alma tamén morre, e aínda se comprobara que pode suceder que no corpo continúe vigorosa durante uns anos. E as veces, a alma morre o mesmo tempo que o corpo, pero segundo algúns, resucita no mesmo lugar no que o corpo convertérase en po.

Pois ben, meditando de sempre o mesmo (¡Deus lle conceda o descanso eterno!), pregúnteime cal sería o seu sentido pleno, mais non lle prestei a menor atención o paraxe onde habíame extraviado, ata que sentinme na faciana un sopro de toma de conciencia do escenario onde me atopaba: cemiterio da feligresía de San Xoán de Fornelos, doado o pobo con todo agarimo polos emigrantes de Fornelos, emigrados en Bos Aires, que tanto lembro.

Sumido neste pensamento estou eu, os meus oitenta anos que, permanecín uns momentos sen prestar atención o encadeamento das miñas propias aventuras, pero non tardei en outra vez a preguntarme ¿Como cheguei ata aquí? A sazón, habendo escapado a vixilancia de quen coidaban de min, ¿para ir onde? ¿Non sería unha ilusión xerada polos anos?

Nas miñas periódicas visitas o cemiterio para visitar a tumba de Clemente Francisco Cambra e de mais antepasados, un sopro de vento varría as follas secas e as ramiñas acumuladas, pese a boa limpeza que se fai do mesmo. Elevei os ollos a lápida e inclineime ante ela, ¡Deus do ceo! O meu nome, con todas as letras e a data de nacemento, e a data da miña morte.

Unha raiola de luz iluminoume a lápida, namentres propúñame de pé dar un salto. O sol nacía no oriente do Coto de Sá. Eu estaba en pé namentres abríase ante os meus ollos unha luz no horizonte. Entón dinme conta de que eran as testemuñas dos restos da chamada Casa Forte dos Soutomaior.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion