A xuventude de hoxe en día

xuventude

Confeso en primeiro lugar que son un “recolledor” de relatos fantásticos dalgún rueiro do Condado de Salvaterra dende fai algún tempo. E quero dicir: Dende pequeno sentín fascinación polo descoñecemento e o insólito. Aqueles temores de neno, os soños, os pantasmas obsesionaban a calquera, sobre todo, a nosa mente, como un poderoso e inexplicable atractivo, ou menos para mín.

Non vou a falar de literatura nin de sendeiros ocultos, arrastreime cos ditos do pobo, entre as sombras dos vieiros, crucei cos soños as rexións das estrelas, somerxinme nas profundidades da terra guiado polos relatos de entón. O meu escaso talento, obrigoume a intentar describir con torpes verbas, os seres fantasmagóricos que moraban naquelas xentes, homes e mulleres de Fornelos da Ribeira. E esta mesma inclinación manifestábase nas miñas preferencias musicais ata o día de hoxe.

A miña vida interior converteuse nun perpetuo recolledor de “enredos” e a miña vida exterior en insulsa. Co transcurso do tempo, fun facendo unha vida tranquila, entre o traballo e a lectura, xa antes de estudante en El Pueblo Gallego, porque o home de be traballar para vivir.

Por aquel entón, adquirín unha máquina vella de escribir, papel . . . ¿que mellor venero que as ilimitadas rexións da miña vida imaxinaria? O menos, na miña experiencia e candidez este era o meu propósito.

Os meus primeiros intentos foron un fracaso rotundo. Os meus resultados económicos resultaron ser penosos, lonxe dos meus soños. . .

Tiña que vivir, de maneira que comecei a “axustar” o meu estilo as miñas ideas. Pronto aprendín a suar, pero a ambición sempre enganosa foi a causa da miña ruína.

Busquei entón, outro modo de vida, aprendendo a soportar desenganos con perseveranza de acadalo triunfo ¡Cantas veces permanecín sentado como parvo!

Afortunadamente para o meu equilibrio mental, con paciencia fun enfrontándome a vida. Emigrado no País Vasco, en distintas cidades galegas e por último en Vigo, ata chegar os meus oitenta anos que levo por riba de min, lembrando, aquelas horas sen rumbo, unha e outra vez, sacudido por unha risa idiota moitas veces.

Agora teño a certeza de ver aqueles temerosos anos, na xuventude de agora; convencido desagradablemente na negrura que e a morada da nosa xuventude en tódolos tempos.

Para eles, a miña admiración e respecto; para eles a loita por un mundo mellor de todo corazón.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion