Lembrando tempos pasados de San Andrés de Lourido

escola lourido

Afastados tempos os do 1.936 – 1.942, de miseria, fame, aldraxe e outras cousas que mellor é non recordar. Cando o don Xosé Álvarez, (o da Rodas), mestre de San Andrés de Lourido tomara posesión da Escola Pública de Lourido, o edificio, para aqueles tempos, parecíame encantador moi a pesares de que non pertencía a ningunha orde arquitectónica.

Era xa por entón, un edificio vistoso, cuxo estado de abandono pode contemplarse hoxe xirando unha visita a esta humilde, pero fermosa terra que sempre lembro. Hoxe, cos grupos escolares, mais ou menos ben emprazados, en nada teñen que ver con aqueles outros onde se escatimaba todo, incluso os gastos da limpeza. E así, aínda que ninguén queira recoñecelo. E no n digo nada dos libros.

Non podo deixar de lembrarme dun tal Noé, entre outros. Noé, era, e aínda é, pois vive, un rapaz, de cara morena, mirada fixa e cabelo negro espeso; os seus ollos mirábanme con moita persistencia que en principio deixábame perplexo pero que finalmente non me fixo sentir extremadamente incómodo.

Lémbrome dicirlle o don Xosé: “siñor maestro a puma non cribe”.

Pronto comecei a darme conta de que este compañeiro tratabámolo coa mesma tolerancia cos demais.

O sol ocultarase tras os piñeirais e o Eido Vello estaba sumido nunha luz alaranxada; mais aló a lenda da cova dos tesouros dos mouros. Por un instante, permanecín indeciso, pero non tardei en reaccionar. Subitamente, no crepúsculo a escola adquiriu un aspecto ameazador e tódolos arbores esperaban o momento de “dobregarse” ante mín. En verdade, percibín como un rubor, unha brisiña no bosque sen que soprara ar de ningunha crase.

Tratei de disimular vista a luz fría do día, e o pouco que tiña que contar. Dixenme:

  • Gustaríame saber algo da Asunción da reloxa e da súa irmán Rosa, que viviran o, oeste da escola.
  • ¿Que sabe vostede delas?
  • ¿Que sabe de Fina do brasileiro?
  • ¿Que sabe da Constantina?

Todas na gloria de Deus, menos a Fina, que por estas datas aínda vive felizmente a Deus grazas.

Percorría por uns momentos a distancia da escola a miña casa solar do Casco. Collín unha pedra e o contacto con ela, seguiu unha anguria e un grito brotados nos meus beizos. Estendín os brazos. xirei en redondo e aló foi. . . .

Abandonei o rueiro do Eido Vello, ollando aquela pedra disparada por riba de min con dirección as “Fadas” onde aquel feiticeiro proporcionaba un “novo corpo” no que aloxarse sobre a face da terra.

Pasaron anos e nunca tiven valor por preguntar por aquela xente de Lourido, pola escola e polo Noé que seica vive. Para todos eles paz, tanto en vida como en morte, camiño este que non fallará.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion