A igrexa de San Xoán de Fornelos da Ribeira

Iglesia de San Juan de Fornelos

Das poucas e cada vez menos veces que vou a Fornelos pola idade, visito o meu sempre amigo, “o xastre de Fornelos” para os amigos Lecio, que por aquel de ser Indalecio, na época franquista non conviña porque cheiraba a República Española. Con razón ou sen ela, ofreceume xantar ou merendar con el, porque, sempre que nos xuntamos, falamos de política, pero non e isto o que ven ocaso. Nesta vez é falar de Fornelos como feligresía (concello noutros tempos), da xente que séntese orgullosa de vivir nela, excepto os emigrados de tódolos tempos, a unha e outra parte do planeta, uns para facer “as Américas” e outros como evanxelizadores, que tamén os houbo.

Alentado por uns e outros, un bo día metín nun baúl os meus trebellos e comigo, na “liña” da Empresa Raúl, saín cara a Vigo coa miña madriña Alfonsa, que tanta ilusión tiña en facerme “un home de ben”, que aproveitei para documentarme sobre certas crenzas e supersticións que se di, roldaba a feligresía de Fornelos. Co material obtido, pensaba eu, algún día, redactalas sobre un libro de bruxería. Pero como non son supersticioso choquei con persoas aparentemente normais que procuraban evitar un Fornelos evidentemente alleo a Nosa Santa Nai a Igrexa. Non porque non fora unha maligna parroquia, se non mais ben, por un medo nado estraño de rumores que corrían por ela.

A suave costa do Coto de Sa, e a aldea enteira deserta por unha vexetación gris enfermiza, houbo un momento na que a estrada, entón, un vieiro de carro, ollábase no peor estado da súa historia e o río Tea, descoidado, distorsionaba grotescamente o reflexo desta paisaxe harmoniosa da que gozaba de sempre. Non falemos das árbores froiteiros que no tempo da República Española estendíase pola estrada como milleiros de mans rugosas e torcidas. como as miñas.

A igrexa de San Xoán, emprazada (díxeno moitas veces), no que en outros tempos fora pazo ou Casa Fortaleza dos Soutomaior e despois dos Castro, e antes posiblemente un templo celta, que o parecer fora crecendo ata chegar o que chegou; certas portas que unha vez abertas para os conxuros,daban paso a antigos “demos” procedentes doutras esferas. A dicir do meu amigo Lecio, xa existira unha lenda relativa a misión dos demos, pero non quixo referirse a eles, polo menos ata situarse no lugar da suposta igrexa antiga.

Nada mais entrar nos antigos rueiros e vieiros de Fornelos, fixen un xuramento de non falar destas cousas… Por esta razón, cando visito Fornelos o meu amigo ¡Salve Deus! O que pasará despois de min, pero ¿que mais da?

O que si, horrorizoume as ideas de que lendas espantosas puideran existir nesta belida terra, onde me honro de ser nado. Con todo, a forma de manexar o amigo deste material, indicaba que tampouco el, permanecería escéptico o respecto. Baixo uns papeis, aparece un manuscrito de poucas páxinas co titulo: “Sobre a igrexa de San Xoán de Fornelos da Ribeira”, lembrando os Sarmiento, Saavedra, Castro etc. ¡que sei eu!

Como agnóstico que son hoxe, lémbrome de cando meniño ir a misa e o rosario coa miña madriña; lémbrome da ben querida igrexa, da sensación de paz que se percebe nela, do resplandor iridescente pola luz que se filtra polas fiestras, percibidas na nave central, ollando os bancos centrais doados por todos os veciños (a miña familia tamén), e pendurado no altar central, a lámpada doada polo meu tío abo, Rogelio Estévez Cambra, e tantos e tantos recordos que rememoro cando vou a ela.

Hai días que sigo avanzando paso a paso o altar maior e vexo os escudos heráldicos dos Sarmiento, Castro e Saavedra, e outros, que tanto aportaron na construción da igrexa. O altar de Santiago, matamoros, a Virxe das Dores, San Xoán, e tantos outros que non lembro xá… porque a vellez impídeme chega a todo; a trampea rectangular que unha vez aberta revelaba un bacío negro elevaba a “cripta” de San Xoán, ¡que sei eu!

Vacilei un pouco, pero decidín entrar e observar os chanzos que non eran de pedra e detívenme a escoitar sensación intensa e inquieta dos medos que de neno un leva no corpo, esvarei e baixeime o mais rápido posible. Apartei os medos e procurei dominar os nervios que habíanme deixado paralizado. Senteime, non faltaría mais, cravei a mirada nun punto sen sentido a tranquilidade celestial, escena que mantiven uns instantes.

Quizais, teñan razón algúns cando din que sufrira unha alucinación progresiva, non “progresista”. Pode ser. Pode que estivera delirando, pero agora que pasaron tantos anos, lembro aquel meu Fornelos natal irresistiblemente atraíble a min, como si fora a “meca” pola cal debía orientar o meu camiño final. Fixen o que debía facer. Morrerei e sentirei a felicidade inenarrable que, de neno atopei na igrexa parroquial de San Xoán de Fornelos da Ribeira.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion