Festas e costumes do Condado de Salvaterra

Pan de centeno costume

Pan de centeno costume

As xentes do Condado de Salvaterra – Paradanta, fixeron sempre da recollida dos froitos o “centro das súas reunións e manifestacións festivas”. Todo o devandito trae consigo unhas xornadas de convivencia significativa no noso agro. Así temos que, coa chegada do outono, nos nosos santos, as castañas empezan coa caída dos ourizos.

Hai que pensar que a castaña, que fora alimento primordial na nosa bisbarra, preparábase de varias maneiras: unha asándoas facendo o “magosto” no día de San Martiño, e logo cantar e bailar o son da gaita e o pandeiro.

Polas mesmas datas, comezaban os “fiadeiros” que eran reunións dedicadas a “fiala lan ou liño” motivo de festa. Esta xuntanza era coñecida polo “o serán”.

A esfollada era outra ocasión para facer festa… Mentres se esfollaba a “mazaroca” chanceábase, se cantaba e unha vez rematada facíase baile.

A matanza do porco, a “salgueira” ou “artesa” onde se cobre con sal as partes do porco a conservar. E tempo de comer as filloas, roxóns e outras especialidades do porco.

Na chegada da primavera, os maios. No noso Condado, vivían a “greas” de cabalos bravos cos garañons, fémias e podelcos. Tódolos a comezos do verán.

Cando o centeo maduraba, empezábase a “seitura” ou a “sega” formando “rogadas” as veces contratadas a xornal; as “gavelas” do cereal atábanse en “mollos” formando “medoucos” e a seguinte labor era a “meta do pan” ou “carreto”; e dicir: “en carro levando os medouros a eira”, onde se construía a “meda” que queda deica o intre de facela “malla”, despois o gran levábase as “trillas” ou as “tuñas” dos hórreos e a palla facendo “palleiros”.

Nos últimos días de setembro, comezaba a vendima da corta dos “acios” que en “culeiros” son transportados o carro que os ha de levar a adega, e alí, no lagar, fermentará para converterse en viño.

Se ben algunhas destas festas e costumes, a maioría desapareceron, estanse recuperando agora, coa transformación social e cultural do noso Condado de Salvaterra – Paradanta.

Non teño moitos datos encol da mantenza da nosa xente, a través do tempo, non obstante, os petróglifos e “concheiros” fálanos de abundante caza e consumo en datas prehistóricas. En documentos históricos falase de pratos e de viño, formados por carnes, peixes, froitas e verduras que temos que departir entre os de diario e os consumidos nas festas.

Os nosos pratos sempre foron variados, pese a todo, a alimentación uniforme abondo e moitos pratos de consumo xeneralizado.

  • Parva, pan de centeo con augardente, para os homes e leite para as mulleres.
  • Almorzo, caldo con pan, carne con cachelos.
  • Xantar, o mediodía, caldo, carne de porco con pan
  • Cea, caldo ou leite con papas. (ver receita de Álvaro Cunqueiro “A Cociña”).

Isto é todo. Si aparece algunha cousa mais, daremos conta dela.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion