A enxebre cociña e a caza do Condado

cetreria caza condado

Nesta enxebre cociña, da nosa xente, interviñan o trasfugueiro, as tenzas, os foles, o abano, as trébedes, o pote, a tixola, o espeto, as cazolas, as gramalleiras pendurando o burro, e algunhas cousas mais que non me recordo.

Na dieta nomeadas do Condado de Salvaterra – Paradanta, intercalábase pratos unidos os que se tomaban en ocasións festivas; entre elas, o cocido, o lacón con grelos, os callos, o xamón, os chourizos, os roxóns, as empanadas de raxo, anguías, xoubas, lamprea, carnes de vaca, cabrito, polo, pichón, galiña, e no Nadal ¿qué? Adiviñalo.

Da caza o coello, perdiz, os peixes do río e mar, entre eles, as sardiñas, o bacallau, as troitas, o polbo e o marisco que ata aquí chegaba. Non podemos esquecer as apetitosas tortillas nin os queixos nin o viño. As lambetadas de “torta de améndoas”, as rosquillas, os melindres, as orellas, ou as filloas con mel. E despois, a froita e outras mantenzas e pratos mais ou menos enxebres que deron e significaron o gran colorido da nosa cociña.

Os queixos, como a “tetilla” e o variado viño do Condado de Salvaterra – Paradanta moi estimados xa polos emperadores romanos.

Pero vamos a falar da caza que é tan antiga como o home. Cazábase entón por necesidade para obter alimentos. Na Idade Media, a caza pasou a ser un entretemento para os nobres, practicado de xeito especial con aves de presa ensinadas (Cetrería). Hoxe, a caza e un deporte con moitos afeccionados polo Condado adiante, que lle ofrece gran variedade de fauna, aínda que moitas das súas especies diminúen tanto que están en perigo de extensión. Tamén as enfermidades mixomatoses causan estragos nos coellos; a destrución do seu hábitat axeitado, tronzas, contaminación, caza incontrolada…

A Caza Menor, onde se controla a nosa caza, son os cotos, as reservas e os coutos. Coa excepción das partes mais altas, nos boscos, campos, silveiras, a perdiz que han de salientala, “vermella”, “rubia” e “gris” ou a “charrela”. A “Ruliña” sempre entre touceiras, silvas e toxos. A “cerreta”, nas “brañas” e “ gándaras”.

No tempo do xío, fai no ar unhas curiosas voltas que lle valeron o alcume de “Cabra do ar”.

Abondan aves cobizadas polos cazadores coma a pomba, o merlo branco, o sisón; no río os patos. gansos, garzas. A Londra, atópase no río en gran número. Nos montes as lebres, coellos, porco teixo, raposos, lobos, aínda que o cambio ecolóxico ben de controlalos. Hoxe diminúen as arbores, escasean as choivas e desaparecen certas especies de paxaros e pola contra abondan corvos e pegas.

Xa non queda, curiosamente, a “trapela” empregada o “Icho”, e a “trapela” para perdices, de maneira que o pisalo, a perdiz caia e non podía saír.

Para tódolos meus amigos da caza, un saúdo agarimoso, aínda que non deixo de recoñecelo meu amor polas aves, que son a alegría da vida. Miren senón, as pombas nas rúas picando e alegrando coa súa presenza as nosas beira rúas.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion