Século XXI: nosis (gnosis)

malraux gnosis

Últimamente estase a poñer de moda unha frase de Malraux que, no seu día, suscitara non pouca perplexidade, entre membros progresistas que o Século XXI “será relixioso ou non será”.

Eu veño vendo, que lle veñen chamando a “Nova Era”, e o lóxico desenlace: O desenrolo nos seres humanos dunha conciencia que din, acada de empezar: “meditación”, “oración”, “metafísica”, lugares de poder, extraterrestres, experiencias, pais da igrexa, sustancias psicotrópicas, fe, esperanza, solidarizade ¡que sei eu! Todo sirve para esta ocasión.

E mais que nada, servirse da “gnosis”; ese antigo instrumento dos homes que arriscando os seus corpos e as súas almas adéntanse polas rutas do descoñecemento, precisamente, para “coñecer”, ou mellor aínda, para “saber” e a iluminación para “prender”…

Veño observando que nos veráns, en diversas universidades españolas veñen celebrándose cursos de “gnosis”. Sinxelamente, non cheguei a ir a eles, pero si creo eu, que todos dimos un paso sobre o sendeiro da perfección que desemboca na morte do “eu” e do “eu” o salto  do absoluto.

Sen querelo, cada día vamos emprendendo a nosa aventura gnóstica. Eu, no remate dela.

Dicía, Antonio Machado:

¡Bajar a los infiernos como el Dante!
¡Llevar por compañero
A un poeta con nombre de hueso
Y este fulgor violeta en el diamante!

Dejad toda esperanza. . .
Usted, primero

¡Oh, nunca, nunca, nunca!
Usted delante
Y como siempre, a lo oscuro
Por lo más oscuro, lo desconocido
Por lo más desconocido.

E aquí estamos pendente do Mais Aló, nun momento difuso no que as verdades eternas dende que o home confundiu a terra coa súa patria e estableceuse nela, buscando a “eternidade”, a trocou polas friccións e sombras, vivindo o soño da felicidade nun paraíso de “cartón pedra” e de “folladelata”.

Eu penso, amigos meus, que é tanta a sede de benestar social que anhelamos que a pestilencia dalgunhas augas confúndense cos aromas das flores. ¡Probe Planeta Azul!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion