As Fiadeiras do Condado de Salvaterra

fiadeiras do condado de salvaterra

Entre Santiago de Tortoreos, onde estivo de cura párroco Manuel Cambra e Rivas e Fornelos da Ribeira, terra dos seus pais, Clemente Francisco Cambra e Rosa Rivas, lémbrome da xentes  que vira tecer un día calquera a porta da súas casas, tal vez evocando aqueles tempos das fiadeiras, ápice do espírito humano, nunhas épocas en que había que tecer colchas e, incluso mortallas. Eu era meniño e observaba as fiadas desiguais, a trama moteada de grises e ocres de gran beleza. Iso si, descuberta por un neno que observaba aquela actividade artesanal de fiar o liño ou a la.

Lémbrome, como en cada porta, desde as señoritas de “Blanco” no Ravelo en Tortoreos ata Martín de Fornelos coa señorita Brey, pasando por Pilar Barbeitos do Ravelo, Rodriguiño, Pastora, e outras familias que xa non lembro, pero que gardo delas, gratos momentos. Familias de San Xoán de Rubiós y Taboexa cuxos Cambra aínda por alí están e que descenden de Clemente Francisco Cambra. Lémbrome tamén da familiar Pepita Cambra e Muñoz, descansando eternamente no cemiterio e panteón de Clemente Francisco, colocando a “rueca” e no seu brazo dobrado apertándoo contra si, e coa outra man dándolle voltas o “fuso” para comezar a fiar.

Cando eu era meniño, elas xa eran mulleres de cabelos  níveos suxeitos na caluga con un peita. Mulleres de faccións finas, que nos seus anos deberon ser fermosas, aínda que as súas mans rudas de tanto fiar. As encadraría nunha pintura de “Guerreiro morto”. (Unha obra sen densidade nin peso), e dicir: un cadro costumista que vira, no seu día CEÁN na casa de Silvestre Collar e Castro. Todas elas vestidiñas de refaixo e mandil. Era o que se levaba daquela.

As “pañoletas” grandes, cubrían os seus rostros asomando corta manga tecida coas agullas a “punta e media” e cos fíos, fiadas por elas mesmas.

Lémbrome aínda agarimosamente, daquelas cociñas e como elas xunto a tixola co seu mango envolto con un trapo, sen dúbida algunha, porque lle abrasaba, tiñan unha culler de pau, e mais enriba o fogón, a aceiteira e unhas cenorias mais apagadas ca cor do refaixo.

Aquelas e outras fiadeiras que houbo en todo o Condado de Salvaterra do Miño – Paradanta; aquelas velliñas fiadeiras me viñeron a mente como unhas verbas de Ortega: “recuerdo de una inscripción leída en tumbas de la vieja Roma republicana: Domiseda Lanifica, porque también aquí sentaronse en sus casas e con postura milenaria, se pusieron a hilar la lana”.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion