San Adrián de Meder

cosecha uva meder

Poucas cousas hai tan fermosas como esta de San Adrián de Meder cos seus viñedos. Porque aínda que a xente esquecese que Meder e un rueiro que lle da nome o viño e non o revés. ¿Pero quen lembra estas cousas? Si un ve falar de Meder lle ven a memoria, viñedos lampetadas, merendas, como eu, no eido de África Porto, fai setenta anos, sendo neno, vos viños, belos días de xuventude cando o corpo aguantaba canto lle votaban.

Meder para min cheiraba a viño e segue cheirando cada outono. E o tempo da vendima. E, ademais, a época mais bonita. De modo que, cando Setembro languidece e as xentes agáchanse a recoller o milagre da uva, encerrase a paisaxe formando un decorado amarelo vermello. Case que co fulgor do ouro. E no fondo, os azuis baixo o ceo. Fumean as fogueira cos sarmentos e o vento trae aromas de tormenta. ¡Non importa! Pero e o cheiro do viño recen pisado aínda mosto, está por “ser”. Por suposto que en Meder hai moito mais que viño; hai de todo o que un queira que haxa. Pero, repito que, ademais hai viño. E o viño concedéunolo Deus, para a honra dos seus moradores. As xentes agradecen o detalle, baixo o manto da Nosa Señora da Luz.

Sempre digo eu, que onde o viño abunda, a xente e xenerosa, ata as “melopeas”, como si as festas foran unha honra de Baco, e non da Nosa Señora da Luz, que noutros tempos repartía pan e queixo
para conmemorar o final da peste no século XVI, por exemplo.

Terras dadivosas de antigo, onde a xentes viñan co xantar a festa da Nosa Señora da Luz, pregaban a Virxe, sen dar un pau na auga. Porque na antigüidade as xentes eran inxenuas; por suposto que, tamén os houbo sinxelos e milagreiros, e con “limpeza de sangue” como os Álvarez, os Cambra, os Castro, os Estévez, González, e unha rilleira deles, sempre sobre o mesmo tema: “A multiplicación do viño”. Sobre peixes, pans, o parecer, non tiñan xurisdición.

Os historiadores, non se poñen de acordo sobre si ten que ver coa elaboración do viño ou mais ben coas costumes que tiñan estes fidalgos daquela época: “afogar un pisador das uvas bocabaixo na cuba do viño”. Fora como fora, en Meder e case unha ciencia sobre a que hai moito que aprender. Xa o saben.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion