Oliveiras no Condado de Salvaterra

olivo oliveira salvaterraXa que viñemos falando das oliveiras no Condado de Salvaterra – Paradanta, queremos facer un alto aquí, para dalgún xeito, lembrar a estas feligresías, como froito da historia xeolóxica e responsable dos contrastes naturais da terra que forma parte, neste caso, Santiago, do Señorío do Bispo de Tui. Estas tres feligresías, forman parte das rexións bioxeografías eurosiberianas con bosques caducifolios, carballeiras, loureiros, aciñeiras, bidueiros e sobreiras, a partir da evolución das laurisilvas que xustifican a clasificación das carballeiras actuais. Coa entrada da decadencia, iniciada a mediados do século XVIII, en que mandaron cortar as oliveiras, para garantir as andaluzas, no monopolio do aceite, exceptuaron unha oliveira por feligresía co fin de permitir o aceite para a igrexa. A vide a substituíu.

Cada feligresía ten os seus rueiros, así San Lorenzo: As Cabazas, A Camba, As Eiras, Paredes, A Pedreira, Pombeira e Souto, todos eles derivados dos seus orixines.

San Mateo, ten, O Agrelo, O Alcázar, O Asperon, O Calandro, A Capela, O Carrascal, A Chán, A Cheira, O Cruceiro, A Cuña, As Godallas, A Mauga, O Outeiro, A Pedreira, Penavella, O Piñeiro, Puzo, As Rozas, A Silva, O Val do Eido, Vera e Vilafría, igual que as anteriores.

No Santiago está A Áspera, A Bouza da Igrexa, O Casal, A Duca, Entrecotos, A Fraga do Rei, A Pedreira, A Portela, A Porteliña, Rabuñade, A Solveira e Valverde.

No rueiro da Fraga do Rei temos o mais prezado de todo: O Centro de Ensino Público.

En cada un dos do rueiros destas “Oliveiras”, aparece unha sociedade moi influenciada polo medio relixioso. Sociedade xerarquizada vivindo neste rueiros, en casas de pedra ou adobe, ata chegar o feudalismo na que os Reis tiñan, entre outras cousas, funcións de xefe máximo, lexislaturas e administracións do reino. Malia todo, o territorio das tres “Oliveira” continuaron coas regalías para que se administrasen.

Xa co nacemento do estado moderno dos Reis Católicos (1.454 – 1.474), a reorganización afectou a todos, e mediante a abolición dos “malos usos”, a útil entrega os veciños previo pago dun censo os señores, paso previo para a obtención da fidalguía. O “Señorío de Santiago de Oliveira”, de estamento eclesiástico tamén estivo o servizo da monarquía. Os veciños pagaban o “décimo” eclesiástico e os impostos as autoridades reais e o pago dos dereitos señoriais.

No século XVII, produciríase unha importante mingua da actividade, “clamuflando” o abandono da oliveira polos actos “sacramentais” que dominaron a escena ata 1.765.

Foi Bieito Xerome Feijoo no século XVIII quen publicou volumes curiosos e cartas (1.742 – 1.760) como crítico do tradicionalismo cultural e barroco do noso acontecer. E a soberanía da “oliveira” foi a menos chegando ata o tempo.

Aproveitámola ocasión para recoñecer a labor de Clodio González Pérez, mestre, historiador e outras moitas mais cousas, para mandarlle unha aperta porque ademais, fala do meu tío abo, Rogelio Estévez Cambra, e tamén por haber recollido a “Oliveira de San Lorenzo, San Mateo, Santiago”, e outros vieiros e rueiros da nosa terra de Breogán, para nosa honra e dos vindeiros tempos. ¡Felicidades mestre!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion