Coa mochila o lombro

mochila wwoof

mochila wwoof
Certamente como escribía Antonio Machado: “Caminante no hay camino, se hace camino al andar”… os vieiros do Condado de Salvaterra do Miño – Paradanta, son unha inmellorable “ruta” para coñecer os rueiros mais diversos e pintorescos da nosa xeografía.

Co seu aliado entorno natural e o “turismo verde” que ofrece, completa unha ampla oferta para ingleses, franceses e daneses, si se quere, xa que non hai que calzarse “zapatillas” para coller a bicicleta ou calquer outro sistema de movilidade sostible, so encher a mochila de ganas de andar e adentrarse, tanto no verán, como no inverno, na “ruta” desexada.

As “Rutas do Condado de Salvaterra do Miño” teñen establecidas como se pode exercer actividades recreativas, culturais e deportivas aleixadas do tráfico motorizado.

Vieiros e servizos ten o Condado- Paradanta para dar resposta a demanda social de servizos turísticos alternativos; favorecer a poboación o acceso a experiencias culturais, educativas novas, e tratando o mesmo tempo de dar a coñecer os rueiros de interese, favorecer o desenrolo sostible do Condado, mediante a potenciación dos recursos económicos, fomento do emprego, e o asentamento de poboación no seu lugar de orixen.

¿Estase logrando? A resposta e crara: Hai unha oportunidade de empuxar a forma para a creación de emprego que sexa mais fácil, só fai falla ollar como aproveitar as oportunidades que ofrece hoxe en día o turismo rural. Chamemos polos ingleses, franceses ou daneses para que veñan a descubrir a nosa terra, e veredes como contribuen a nosa economía local.

Eles saben moi ben como cargarse coa mochila e adentrarse nalgunha ruta, incluso cos nenos, aínda que haxa que subir, pero con auga ou bebida isotónica e froita na mochila, porque e xenial e recomendable. Incluso para nos.

A nosa natureza ofrece moitas posibilidades: A vida agrícola e gandeira. E un atractivo mais, para moitos descoñecida. A participación nas labores de sembra, recollida, alimentación, coidado de animais, formación. Todo isto non e novo, porque en España xa hai programas en granxas, casas con horta. Andalucia e Cataluña en España. Tailandia e Australia, no extranxeiro.

Eu, humildemente os propoño entredes en: WWOOF (www.ruralvolunteers.org) ou wwoof de España. Si así o facedes ¡Ánimo e adiante!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion