Dinamarca: un pais cooperativo, ¿E o Condado?

dinamarca cooperativo condado salvaterra paradanta
Hoxe vou falarvos de Dinamarca, ese pequeno e simpático pais, do norte de Europa, composto por algo mais de daneses que galegos ten Galicia, cunha poderosa agricultura integrada na Unión Europea, sen problema algún.

A productividade agraria foi un dos asuntos que me chamaron a atención, practicamente superado. Galicia lexos de alcanzar por este medios cotas económicas de produción, fai que o Condado – Paradanta aínda este mais lexos aínda. Hai que ser realista. E sería moi interesante e recomendable viaxar por este pais amigo, e ver menos a televisión. Coñecer sobre o terreo como unha sociedade e capaz de traballar, de organizarse, de convivir, de producir xuntos e coordenadamente para obter un ben colectivo e unha consolidación económica que premie o esforzo do traballo en unión.

¿Como conseguiron os daneses organizarse para con querir tan vos resultados? Simplemente, cooperatizándose coa actividade sectorial agro-gandeira; cooperatizándose de forma intelixente co sector cooperativo a distintos niveis, indo moito mais alá que nos. ¿Que nos pasa?

¿Que foi o que lles permitiu a puxanza do cooperativismo? Por un lado, a “vixencia dunha sociedade organizada (que nos non temos nin nos interesa); en base a “libre e plural economía”, onde coexisten sectores dominados polos esquemas capitalista e o cooperativismo que xoga importante papel ofrecendo unha ampla variedade de formulación, sempre en función da vontade dos seus socios-compoñentes.

Dinamarca non ten lei nin nacional nin autónoma como nós, que as regule, organice ou as estandalice, como aquí, porque alí as “cooperativas” son de carácter “voluntario” e “libre albedrío” de tódolos socios encomendados a súa regulación.

¿Será esa liberdade a que a converteu nun pais cooperativo, ou foi o instinto danés, a que a levou a forte implantación do sistema, económico-cooperativo?

¿Foi a acción educadora? Non o sei. O Certo e que ahi está como un modelo de pais, tranquilo, rico, base economicamente agrícola, con un europeismo polos catro costados, quizais algo aburrido pero educado, cordial, simpático e “traballador”. Certamente, Dinamarca e, un pais cooperativo. E por aquí deberíamos empezar, si queremos obter algo na vida, sobre todo a xente xóven que ven defendendo o Condado de Salvaterra – Paradanta sin moita sorte.

Hoxe día 19 de outobro, España e Galicia importa inflación de costes, evidente desaceleración económica a raudáis, e desemprego; e para escapar da “rapiña e o egoísmo”, nada como o cooperativismo.

¡Xuventude que falades de democracia! Si o sistema actual está como vedes deteriorado, so o cooperativismo e a autoxestión cooperativa con democracia, pode darvos unha resposta o futuro.

Para isto, aquí me tendes a vosa disposición libre e voluntariamente, sen egoísmo e interese algún.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion