Fornelos da ribeira: rueiro de crecemento

galicia muiño auga san xoan
Fai uns 28 anos, mais ou menos, que penetrei no Grupo Crisol da Cataluña, polas súas representacións o espíritu alegre da vida, emanadas da música o teatro, pasarúas, cenas e xantares, e un longo etcétera, servindo para elo, dun muiño abandoado para reunirse. E veño observando como a Asociación Vecinal San Xoán de Fornelos, ven traballando nestes eidos e invitando a toda a xente fornelense as festas, e participación de xantares (fai algún tempo estiven nun deles), dandolle as xentes o sentido que todo isto ten, de festa e alegria, co espíritu de Crisol, non só implicado na esceanificación para transmitir os que encontran un “son” que vibre dende a alma.

Por iso, saco aquí a Asociación Veciñal San Xoán, por potenciar a toma de conciencia, e dende logo, ese “rueiro de Crecemento” que e importante enerxía para aportar o momento en sí, capaz de chegar os demais.

Crisol, lémbrame o muiño mercado a morte de Franco, como froito dun idealismo xuvenil que anhelaban dar a vida (os da Concordia fixeron o mesmo), naquel cambio político e social. Naquela experiencia sumouse o esforzo de dar vida a música, o teatro, incluso tomando o yoga como referencia de purificación e búsqueda do interior de cada un. E é, así, como se vai formando este Fornelos Novo, como un “rueiro de crecemento”, con un traballo de formiga, día a día, que pouco a pouco vai demostrando os froitos as veces en cousas mais pequenas, pero que algún día daran conciencia, deste despertar dende que nos levantamos ata cando nos acostamos, imprimindo en cada un o “estar ben contigo mesmo” que non depende dos estímulos exteriores, xa que con estes aconteceres, encontramos a alegria, o “grial” dentro de cada quen.

Eu, dende o meu mundo, tratei sempre de imprimir a miña vida, cada día, un novo rumbo, tomando o que Aldous Huxley chamaba a “filosofia perenne” como punto de referencia: A natureza do home e a realidade que se oculta no corazón de toda a tradición metafísica importante, toma o fin do incorporeo, o fin de todas elas.

Felicito a Asociación Veciñal San Xoán de Fornelos polo que facer cos nenos, que aprenden dos seus maiores, polo gusto pola música e a creatividade, tocar a flauta, memorizar cancións, axudar nas labores comúns e sobre todo, respetar, incluso, o “silenzo”.

¡Adiante! Pois amigos do noso “rueiro de crecemento”. Eu que fun nado no lugar do Casco digo: “Non busques fora, porque a vida, a alegria emanase de dentro”. E así é. ¡Enhoraboa!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion