Estamos en tempo das castañas

castañas
Así é, amigos meus: A castaña que fora alimento primordial dos galegos e quizais mais aínda da xente do Condado – Pardanta, ata a chegada da pataca, prepárase de variadas maneiras: Unha delas é asadas, chamada “magosto” polos defuntos e San Martiño. Xuntase a xente toda en cada rueiro para asar e comer as castañas o carón dunha conca de viño tinto, e logo cantar e bailar o son da gaita.

A “castiñeira” que vemos nas cidades e vilas, son o típico co seu posto de castañas, que aínda se conservan a través do tempo, non así os fiadeiros que tamén comezaban por estas datas, en principio a fiala la ou o liño que co tempo converteríase en festa con cantos e baile. Practicamente, xa desaparecido. Era coñecido polo “o serán”. Agora, parece haber un intento de recuperalo.

Lémbrome aquí, as xuntanzas para realizala operación do liño da man de Pepita Cambra e Muñoz, e Pilar Barbeito, a veciña, do Ravelo, que cando ia a Tortoreos, sempre tiña algo para min; “arrisga”, cando se arrincaba o liño, a “ripa” coa separación da semente, ou “empozado”, metido na auga. A “deluba” coa separación liñosa que queda despois do “mazado”, a “espadela”, ou a operación de separala freba defectuosa. ¡que tempos aqueles, miña nai querida! E non falemos da chegada do porco que, polo San Martiño, coas matanzas que entón se facían nas familias, axudados polos veciños. E que me decides das “salgadeiras” ou artesas de entón, ou tamén chamada “pía da sal”, que era unha caixa onde cubrían as partes do porco con sal durante 20 días, sen deixar atrás as invitacións para veciños e amigos coa sa intención de comelas frebes, filloas, roxóns e outras especialidades gastronómicas do porco do século pasado que Deus garde moitos anos. Amén.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion