Xuventude e cooperación

xuventude e cooperacion
Moitas veces alégrame ollar a xuventude de diferentes países, coñecéndose, estudando (Erasmus), dialogando e incluso traballando comunitariamente, reencontrando o espírito solidario a altura do noso tempo de crises espirituais, sociais e económicas, con un espírito profundo do cooperativismo, que foi o que moveu os discípulos de Owen, quen non pretendeu resolver os problemas dos homes, senón, o homo como problema. E dicir: Superar os egoísmos e totalitarismos pola liberdade e igualdade na solidarizade democrática: “Formación, proxección social e intercambio global”.

Nivel formativo, para que non se perda forza na idea cooperativa escolar e xuvenil. Medios, para que as cooperativas poñan os fondos de educación e obras sociais na promoción escolar e xuvenil. Facer patente a importancia da participación difícil na nosa mente, nos centros escolares e xuvenís como integradores dos mesmos.

Proxección social dos Principios Cooperativos, sen recorrer a interpretacións que o adulteren.

Vontade asociativa globalmente, coordinación, información, impulso e fomento,como a “Fundación Avina” que é unha organización que apoia a líderes da sociedade civil en iniciativas para o desenrolo sostible, fundada polo millonario suízo “Stephan Schmideiny”, froito dunha longa tradición filantrópica familiar. ¡Parabéns! Tamén o Movemento Cooperativo Sueco, ven a facer unha boa labor en tal sentido. E todo isto, porque estes movementos marchan e espertan
a vontade da chegada porque a mais alta cume social está na “solidarizade democrática”.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion