A próxima primavera en Fornelos da Ribeira

fornelos da ribeira igrexa

Ben sei eu, que non é por pura vaidade dicir que é a primavera no meu Fornelos da Ribeira, cando eu era un é mozo, mellor dito, neno era a mellor de tódalas primaveras; tamén sei o que é ser humilde, porque así mo ensinaron, e que a outros chámalle a atención ser humilde, pero o que digo eu, é a humildade feita gratitude o rueiro onde un foi nado, como eu no rueiro do Casco.

Tal vez, excesivo, ¡pode ser!, pero cando un se da conta de que está demasiado humilde, é coa alegría concedida de ter chegado con tantas primaveras o lombo, de que era eu e tamén os outros que acadaron chegar ata aquí.

Por iso, grazas por todo, meu sempre benquerido Fornelos, por aquel eido de viñedo florido en cada primavera, aquel campo de froiteiros, aquela maceira “deliciosa”, aquel cereixo xaponés, e aquelas fresas, tan tenras e coloradiñas, grazas.

E dígolle a xente que morre, como se ri boca abaixo, para escribir o vieiro, mentres o sol arde, todo crece, e a primavera non mata paxaros, a primavera é beber o primeiro trago, por exemplo, do tinto da miña madriña Alfonsa, e espertar da escuridade da invernía durmida, o sono do atardecer, e tamén, das formigas deixando o selo dos seus dentes no canto das follas recen nadas do viñedo.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion