Apocalipses interruptos en Fornelos

campana iglesia fornelos
Si, vaiamos por partes. Pasados os días seguintes o “Fin dos Tempos” dos maias que nos viñeron “colocando” a todos. Podían aclararnos agora que non se trataba de que os maias, falaran do Apocalipse, pois toda a sabedoría milenaria dos chinos, indios, exipcios, xudeus, celtas e algúns mais. Os cales foron espallando polo mundo, como se ben demostrando que os veciños do Condado de Salvaterra do Miño – Paradanta, non viron nada, é, o que é peor tampouco os demais.

E despois de tanta “fanfárria vasca”, ben podían darnos unha explicación que todos merecemos, porque, mirade, amigos: “Falouse con berros, sen saber quen gritou mais do Fin dos Tempos”. Eu tamén; e a vida, meus amigos, e corta para encerrarnos nestas parodias neste momento no que o mundo estase cambiando urxentemente, se queira ou non.

Eu que esa noite soñara que as campás da igrexa de San Xoán de Fornelos soaban diferente, parecíame neste sono, haberse fundido o son coa agonía do “ Apocalipses” e o rescate maia.
Non era nada fácil adiviñar as dúas campás irreverentes. Só era posible distinguila cando pendía da corda, pegada o chan.

Neste sono, as campás soan con forza sen sancristán. Este, está confuso e inmóbil, pensando que o son transportaban miles de chamadas e esperanzas. ¡Podía ser, pero non foi así!

Parecíanme as campás da provocación, de tantos martirios, de negras liturxias demencias, de encontros, perdidos do bo gusto e non falar de el; de certos valores, e como din algúns, calquera tempo pasado foi mellor, que non estou de acordo. Simplemente as campás no meu sono, tocaban a arrebato para recoller certos valores perdidos, como a elegancia no falar, no vestir, aquela certa cortesía, aquela certa educación que hoxe falla, polo que destinguían a xentes do Condado – Paradanta.

Aquel sono das campás da igrexa de San Xoán de Fornelos, chegoume co o “Apocalipse interruptos”, e coa lembranza dos meus pouquiños anos, a este camiño ou vieiro da vida que xamais deberíamos perdela. Polo demais ¡adiante! Que a vida e corta. ¡Amigos para sempre!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion