José Merino Rodríguez

Sempre oin dicir, que é de ben nacidos ser agradecidos. E por este motivo, o lembrar o amigo José Merino Rodríguez, socio animador da cultura en Fornelos, lémbrome do entusiasmo depositado na confección do libro sobre o meu tío avó, Rogelio Estévez Cambra, que a Asociación Cultural e Veciñal, San Xoán, editou, lembrando a obra xurídica e social durante os anos da súa vida.

O amigo Merino, recoñezo, foi un entusiasta cultural na recollida de información dos nosos antepasados. Foi un animoso das lembranzas do noso patrimonio espiritual, social e cultural. Merece un xusto homenaxe do pobo fornelense, a quen durante a súa vida, espallou os sentimentos culturais, colaborando, como digo, na edición do libro “Rogelio Estévez Cambra”.

Grazas a súas habilidades, aporteille, fotografías, datos e información precisa sobre o meu tío avó. Pero a labor de José Merino Rodríguez foi moito mais alá; foi un gran animador cultural das festas, das costumes, das lendas e demais acontecementos acaecidos en Fornelos, a través do tempo, labor nada fácil.

Eu que tiven a desgraza de lembrarme da súa morte moi tarde, quedei de pedra coa noticia. Pero ¡así é a vida! A natureza encargouse de levalo mais aló de nós. Amigo Merino: Ti que zumegabas ar de liberdade, onde estes, saberás que aquí lembrámoste co agarimo que te mereces; Cos anos, lembramos as tardes no centro “Teleclub” de antes, entre bromas e risas, algún que outro chiste, antes prohibido ¿lémbraste?

A túa morte impacto na parroquia, e os que fomos compartindo a amizade, enriquecéndonos cos teus coñecementos, discutindo algunha vez, con razón ou sen ela, sempre nos escoitabas permitindo o diálogo creador, no que o final coincidiamos plenamente.

Por todo elo, desde os primeiros meses do ano 2.013 propoño as asociacións de Fornelos a oportunidade de renderlle un xusto e merecido homenaxe, a quen ben o merece, o amigo José Merino Rodríguez. (D.E.P.)

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion