A Franqueira e os espíritos da terra

franqueiraDe todo o dito anteriormente deducimos, que a fama da Franqueira, non é por outra cousa que o contacto dos espíritos da terra, que lles axudaban a cambio das ofrendas de alimentos. Isto o menos era en principio.

Para as xentes daqueles tempos, estes espíritos da terra, lles prestaban axudas na casa, na cría dos animais domésticos e tamén lles axudaban a xente a soñar …

Claro que, como tódalas cousas, entre os espíritos os había vos e malos, e benévolos, por si acaso, que protexían as xentes dos seres hostís, e lles axudaban cando no “mal tempo”, coma hoxe. Aquelas xentes, coas crenzas sobrenaturais, reflexionan, na tradición de hoxe, porque os espíritos están sempre dispostos a defendela terra contra os inimigos que o parecer os hai e moitos, neste Condado – Paradanta, neste século XXI.

Resúltame a min, o menos,dificilmente distinguir a estes seres como do “Vanir” por exemplo, pero todo parece indicar que a estes espíritos da terra, rendíaselles culto “individualmente”, non colectivamente e ¡Claro! Así nos vai. Terras abandonadas,cheas de toxos e malezas, sen futuro, e o que é peor, sen esperanzas de redimilas como antano. ¡Que se lle vai facer! ¡Cousas da vida!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion