O Cooperativismo comeza na escola

cooperativismo escola salvaterra paradantaE que saiban administrar o seu propio diñeiro aquí neste Condado de Salvaterra do Miño –Paradanta, onde non lembro que haxa xente preparada para este mester. Sobre todo, nos Centros de EXB con encontros con mozos, nun momento crucial como este, que anime a esta xuventude, desgraciadamente sen rumbo, como lle está pasando a de agora.

Eu, diríxome a quen corresponda, para facer estes encontros, tanto galegos como internacionais cos fillos cooperativistas de Francia, Alemaña, Italia, Portugal, Arxentina ou Colombia, ou como veñen facendo no resto do Estado Español, no País Vasco, Toledo ou Murcia, por citar algúns.

Este encontros, digo eu, en réxime de “acampada”, por exemplo nos Centros de Ensino, en cada concello, polo verán, sobre a base de aprender que é o cooperativismo, xunto con outras actividades culturais e incluso, deportivas. Así é como se forma a xuventude. Porque soamente desde a “escola” alcanzaremos o presente e un futuro mellor que hoxe.

Os Principios serían:

Como as cooperativas son asociacións de carácter construtivo, formativo, con espírito crítico e renovador, baseado nos principios “Cooperativos” sen adulteracións. O digo porque existen.

As súas funcións deben ser sociais, económicas e de saber desenvolverse na vida dentro dos diversos servizos: “Educación, traballo, cultura e ocio” con total independencia e total liberdade.

Así mesmo, asumir tarefas de formación e “información” dos seus socios, así como a divulgación da doutrina cooperativa. Acollerse os principios da ACI (Alianza Cooperativa Internacional).

Nun mundo grave como hoxe, onde estamos vendo a falla de recursos por todas partes, ¿que fai a xuventude, ante unha lamentable realidade? Esta pode ser unha vía de solución. Esta pode ser unha plataforma de lanzamento, capaz de facerlle fronte a realidade actual.

Creo na nosa xuventude e no seu poder creativo.

Na Arxentina a cooperativa “El Hogar Obrero” e un exemplo de canto digo.

Milleiros de mozos sen traballo, decepcionados de esta sociedade que lles “priban” dos seus dereitos mais esenciais, como é o dereito o traballo, poden formar empresas de propiedade social, cooperativa, agro-industriais, de servizos para poñerse a niveis de “competencia”, producindo ocupación e o “pan para levar as súas casas”.

As bases do movemento cooperativo

Están nos obxectivos fundamentais:

1).- En poñer tódolos medios para que a cooperativa utilice os fondos da “educación” en Obras sociais, na promoción do cooperativismo escolar a xuvenil, cousa que non se fai.

2).- Deixar constancia do desexo de que o cooperativismo non perda a forza escolar e xuvenil, como así acontece.

3).- Organizar encontros cos concellos e mozos para que todos coñezan as vantaxes cooperativas.

4).- Deixar constancia do que supón a participación das cooperativas escolares na xestión, incluso, nos actuais centros do ensino, como estamento integrador do mesmo, cousa que non se fai.

5).- Facer patente a liña e proxección do futuro no noso Condado de Salvaterra – Paradanta, do Movemento Cooperativo xuvenil, que tampouco se fai.

6).- Crear medios, internet e un deles, para a publicación, divulgación e comunicación entre mozos cooperativista ou non, cousa que tampouco se fai.

Finalmente, valorar a experiencia humana e os obxectivos iniciais conseguidos en base o intercambio de experiencias, incluso internacionais, e declarar os resultados obtidos de educación, convivencia e traballo en común sobre os intercambios.

Sobre a educación cooperativa:

Calquera destes que a continuación sinalo.

– Cooperativas escolares, de Santiago de Hernández Ruiz de Ediciones Aguilar.
– Educación Cooperativa, de JavesPeter. Ediciones Intercoop.
– Cooperativismo en la Escuela de Horacio Rattier. Ediciones Intercoop.
– Enfoques cooperativos, de Juan Gascón. Ediciones Intercoop.
– Servicios Públicos Cooperativos, de Bernard Lavergue. Ediciones Intercoop.
– La Cooperativa en el aula, de G. Prevot. Ediciones Intercoop.
– Cooperativa u Desarrollo, de Quintin García. Fondo de Cultura Económica.

E senón, o “Centro Cooperativo Sueco”, que nos garantiu canto dicimos aquí.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion