O camiño ou vieiro da cooperativa

eurosSi, o vieiro para construír unha cooperativa, ou acordar a meta do cooperativismo se está repetindo, unha e mil veces: “A educación”, Regra de Ouro do cooperativismo, e ben entendido que “educar” e un concepto moito mais amplo e comprensivo que “instruír”, e dicir: Formar o home para o cambio social.

Séntome na obriga de dedicarlle este comentario as conclusións aprobadas pola ALIANZA COOPERATIVA INTERNACIONAL (ACI), naquel afastado ano de 1.966 no que se falaba do Principio da Educación, como unha proclama mais dos homes de ROCHDALE, para devolverlle a educación o rango do Principio Primordial, pois so por unha labor educativa pode formarse os homes capacitándoos para o cooperativismo e, de entre eles, os líderes e dirixentes indispensables.

Compráceme a cita de que: “Non e demasiado afirmar que a “calidade cooperativa” depende dos dirixentes “democráticos” que a conduza.” Obvio e dicir que o cooperativismo e distinto o que se move no “capitalismo” e naqueles países socialistas nas súas aspiracións internacionais.

As cooperativas aproveitan os idealistas da Humanidade para ir aspirando a conquista dos amplos sectores sociais a “liberdade e a xustiza”.

Debemos lembrar que os beneficios, efecto do cooperativismo non se limita os socios se non que se proxecta o entorno.

A loita das cooperativas contra o supercapitalismo multinacional, admitiu a esperanza do eixido que os levou xustamente a situación actual, e agora, se apunta a certa tendencia no económico social expresando cada vez mais, o desenrolo cooperativo como solución dos problemas que nos deixou o capitalismo.

¿Como se harmonizan estas exixencias coas condicións nas que viven as cooperativas?

¿Poden sosterse sen excesivas concesións por deixado do capitalismo “especulativo” e o movemento cooperativo?

A filosofía e os obxectivos do supercapitalismo como tamén dalgúns países socialistas na defensa da liberdade e a xustiza, no económico e social, está o cooperativismo, como único modelo.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion