Os poetas sociais na Arxentina (1.810 – 1.943)

poetas sociais argentina alvaro yunque“Hay arte que, como la débil y bella luz de la Luna, ilumina y no calienta. Pero hay un gran arte, y este, como la hermosa y fecunda Luz del Sol, calienta y ilumina. Este arte señala el camino que lo lleva a superarse”. Así falaba e escribía Álvaro Yunque, no seu “Ensaio é Recopilacións” (Poetas Sociales de la Argentina 1.810 – 1.943) do que fago cargo neste pequeno comentario, que encaixa perfectamente nos tempos que estamos vivindo.

Falando da súa antoloxía advirte o gozoso e lento traballo de “escoller flores”, a falla da LUZ que se vive neste tempo, e o feito da “poesía social” nos albores daqueles MAIOS ata hoxe, 25 de Maio do 2.013. Porque os escritores da poesía lírica, no plano das ideas, tanto a patriótica como a civil, a relixiosa como a filosófica ou a burguesa, non era poesía, senón, “política en verso”.

A loita, entre a conservación política e económica, tal é o caso de hoxe, como as forzas do mal chamado proletariado (hoxe afecta tamén as crases medias), que queren romper o molde das relacións sociais, toma primeiro a forma de loita de ideas e a crítica polas armas.

Nesta Galicia nosa, aínda non se recolleu a sementeira de cantar: “Libertade, Libertade, Libertade” nas ensinanzas do ensino. E xa é sen tempo. Fallan nomes sociais nestes intres.

O social, o revolucionario non aparece ata a aspiración democrática do noso eido. Antes ser mozo, era ser anarquista ou comunista; e dicir, os de esquerdas. Hoxe poucos en verdade son os que transcenden a actitude de esa anécdota xuvenil. ¿Onde está a protesta humana xeral, despois das protestas? Daquela proba da poesía social de 1.896 temos:

“Hoy comprendemos el grito sagrado,
La miseria, conchabo e patrón,
Hoy comprendemos las rotas cadenas
Poder y trono del hábil ladrón,
Sin derecho, sin medios, sin tierra,
Se nos explota en nuestra nación
Unidos, obreros conscientes del orbe,
Proclamamos la emancipación.

Por aquelas datas, os poetas sociais a partir do ano de 1.896 presentábanse as eleccións, Manuel Ugarte, Mario Bravo, Ernesto Mario Barreda e Ernesto Castany, entre outros. Algúns foron deputados con participación da dereita.

Houbo tamén, outros poetas de diversa inquedanza, poetas comunistas, socialistas e anarquistas de indubidable “poesía social” representativa das liberdades civís, social demócratas, é tamén aqueles que calaban refuxiados na elexía dubitativa.

Para terminar xa daquela se falaba: “El cura no sabe Arar”. E dicían:
O crego non amansa os bois
O crego non saber arar,
O crego non amansa os bois,
O crego non sabe arar,
Pro o crego non hai nada malo,
El recolleita sen sementar.

Hoxe, milleiros de españois é galegos viven aflixidos, e buscan o futuro nunha nova Galicia, nunha nova España, nunha nova sociedade, onde non teñan cabida os políticos arribistas e mentireiros, ideoloxicamente baleiros e de dobre faciana, defensores de banqueiros e mercados, purpurados fariseos coa intolerable carga de indignidade dunha monarquía cuxo tempo xa pasou.

Como galego que son. Únome a gritar con eles: ¡Adiante!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion