Cunqueiro e o seu saber

a cociña dos cunqueiro

a cociña dos cunqueiroQue nos facilitou a súa dona Elvira González-Seco, quen artillou a colección de receitas de cociña.

Así foi. As receitas de cociña chegaron o seu coñecemento a través daquel entón, espalladas polos 10 cadernos con as 2.000 receitas que Elvira, nada na mesma localidade de Mondoñedo co seu marido, legou ao seu fillo César e que acaba de publicarse co titulo “A Cociña dos Cunqueiro”, editada por Galaxia.

Álvaro Cunqueiro, o que acompañei algunhas veces no “Elixio” na Porta do Sol, sempre estivo ligado a Vigo, e lle houbera gustado que a presentación fora na nosa cidade, que coincide moi ben o dicir “son o retrato dunha época” precisamente vivida en Vigo.

Eu tiven a sorte de decatarme, e lamento moito que Vigo non tivera un local público ou privado onde se puidera presentalo libro, que Víctor E. Freixanes, director de Galaxia, o levara a Santiago é non en Vigo. Precisamente onde os santiagueses confunden que ser capital da Xunta é moito mais que ser a primeira cidade de Galicia. Santiago é Santiago non por ser a capital da Xunta, senón polo Apóstolo, que lle deu nome e o espallou por todo o mundo, senón ¡de qué!

O pan pan e o viño viño. Nada mais. Non dubido de que o libro sexa “un tesouro”, pero xa sabedes o que ven pasando actualmente entre Santiago e Vigo. Eu que formei parte como tertuliano, lémbrome acompañalo ata Marqués de Valadares, onde, entón vivía. E o facía con moito gusto, pois sempre se aprendía cousas, como novo que era. ¡Felicidades!

Link: A cociña dos Cunqueiro

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion