O muiño da ceña en Fornelos da Ribeira

muiñoÉ unha localidade do rueiro de Martín, en Fornelos da Ribeira en Canta a rá, parcialmente derruída e somerxida, situada a uns quilómetros de Salvaterra é un sete de Ponteareas. Moi ben comunicado por certo. Na Ribeira do Tea, na que algúns artistas, humildemente un deles fun eu, que se inspiraron na cascada e no muíño, non lonxe da Vía Romana que unía a Tui, é un ramal a Ponteareas e Mondariz.

Este recuncho do Muíño da Aceña, serve de praia fluvial onde acoden os veciños na época estival a gozar das augas e do remanso que o río fai, para atender o muíño.

Para chegar o muíño, hai que pasar por un camiño ou vieiro cheo de cepas e viñedos, e de cada vez que pasei por alí, pensei si en cada cepa tira a súa propia botella de viño, en cada acio, fillo da mesma vide, puidera elaborarse tan puro como singular.

Un paseíño pola Ribeira do Tea, pode darlle a un namorado do viño, ánimos para acadar un obxectivo. O mineral da terriña feito caldo, coas brisas do Tea, que peitan estes perfumados viñedos é ver como nos “miran” estas cepas, cada ano que pasa.

Ver tamén os millos onde parece notarse o vento cargado de imaxines de “canastos” onde recollelos. É o canto dos paxariños nun atardecer celebrando a posta do sol dun claro día calquera, como un acto de amor polos veciños falecidos

Cada época do estío, os fornelenses catan a chamada do muíño da Aceña e a súa praia fluvial e deciden ir a este remanso a descansar e gozar, neste seu camiñar do río o seu Pai o Miño.

Porque non nos esquezamos que, Fornelos da Ribeira, como noutros lugares do Condado de Salvaterra, nos meses estivais comparten co río a auga que lles da vida. En liberdade, soidade é un espazo natural fronte as praias soleadas do mar, que tamén, son por certo, belidas e coñecidas polos bañistas que as enchen de toallas, de meniños e pelotas.

Ben merece este recuncho do muíño da Aceña, un arranxo ou mellora, dada a heroicidade dos nenos co gardasol é xoguetes para camiñar polas pedras.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion