Manuel Pedregal y Cañedo

Manuel Pedregal y CañeroFoi o autor da obra “Sociedades Cooperativas” que viron a luz na “Opinión” de Xixón no bienio de 1.878-1.879.

Manuel Pedregal y Cañedo, nado o 12 de abril de 1.831 na vila asturiana de Grado onde estudou as primeiras letras e cifras, como di, latinidade e humanidades. Fillo de ferreiro, Nicolás Díaz Pedregal o 10 de xuño de 1.848, obtivo o grado de bachiller na facultade de Filosofía na capital do Principado.

Seguiu os estudos de Leis na universidade ovetense, onde se licenciou en “Dereito”, cando comezaba a estudar Gumersindo Azcárate, que había de ser un político intelectual importante naqueles tempos.

É, este home quen no Ateneo ovetense, oficialmente chamado “Academia Científica e literaria”. Falábase xa da tolerancia relixiosa é funda con Pedragal, o Partido Demócrata cuxo comité preside. Ademais de establecerse como avogado é compartir ata o final da súa vida as tarefas políticas, estudos históricos, xurídicos, sociais é económicos que lle valeron como correspondente da Academia da Historia o 26 de Xaneiro de 1.866.

No amañecer do 7 de Xullo de 1.873 apareceron polas esquinas de Madrid interrogando: ¿Quen é Pedregal? Aquel descoñecido que ía a ser ministro de Graza e Xustiza no Goberno de Pi y Margall.

Quizais, a lixeireza xuvenil dalgún “gaceteiro” atribuíu a ocorrencia da pregunta, un carto de século mais tarde, o venerable Laureano Figuerola “inventor da peseta”, nada menos.

Foi un xurisconsulto eminente, historiador, sabio e intelixente “facendista” e un dos animadores do incipiente cooperativismo español.

Nestes tempos que estamos a vivir, ten interese a súa divulgación para darlle unha “revolta” a situación de crises que estamos a vivir. Xa daquela, ofrece un apéndice de modelo de estatutos. Aínda que hoxe existe un modelo oficial. Animaba a clase obreira a loitar pola mellora económica e social. No Ateneo de Madrid falou sobre as “sociedades obreiras” e se preguntaba si ¿existe o partido obreiro? Que foi publicado no “El Día” de Madrid en 1.885.

Emocióname comprobar como homes daquela altura política e intelectual loitaron sen descanso. Colaborando na prensa e compoñendo impoñentes traballos con colaboracións en “El Orden” fundado en 1.874, na revista de tribunais con Pi y Margall, Alonso Martínez e outros; tamén o fixo, como non, na “Ilustración Galega” e na “Institución Libre da Ensinanza”.

No índice bibliográfico de Constantino Suárez, falase de dezasete obras de Pedregal, nada menos.

É, para min, amigos unha ledicia nomealo neste blog polo positivismo práctico da súa obra, que naqueles tempos eran necesarios para a conxunción de forzas para que o pais puidera algún día, poñer os seus ollos na República Española. Así, en 1.890 organizado por Azcárate e Labra nace o Partido Unión Republicana, sendo Asturias seu escenario.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion