Campo Cooperativo

millo cooperativoNon sei cantos quilómetros cadrados conforman o denominado “Condado”, nin cata poboación ten, pero sei que esta terra é rica en paisaxe, costumes e historia, é esta a sufrir a maior crise da súa propia existencia.

Gavada, noutros tempos pola emigración a América, hoxe está desgraciadamente de poucas empresas, tanto industriais como agrícolas – gandeiras; soamente lle quedan os viños e algo da madeira. Con isto non se vive. ¡Está claro!

Neste contexto, penso eu, que as cooperativas poden adquirir ou o menos, resolvelos momentos mais graves da crise que vimos padecendo. Ten unha singular importancia ata o punto de que a maior parte da súa produción agraria, pode ser consumida por Vigo, Ponteareas e Pontevedra.

Xa sabemos que dentro do sector agrario é o viño, pero temos outros produtos, como a produción de “ALLOS” para o consumo é para a exportación. Champiñóns, queixos, cebolas, patacas,verduras, hortalizas e froitas. Incluso, produtos de artesanía do “bimbo”…

O cooperativismo de traballo asociado, é se non se quere, as asociacións de “Agrupacións de Produtores Agrarios que aínda son mais baratas, poden remediala situación. Xa sabemos que o cooperativismo de traballo asociado ten escasa implantación, pero co sistema das asociacións de Agrupacións de Produtores Agrarios, en cada parroquia una, pode promover e mellorar a comercialización dos produtos.

Lémbrome de fai mais de trinta anos, concretamente en “Cuenca”, con as cooperativas artesanais remediaron a situación laboral da provincia. Un dos cultivos foi a dos “ALLOS” que exportaron a Brasil,Venezuela, Francia, Bélxica, Romanía con un éxito extraordinario. Con “valor engadido”. O Condado dispón de mellores condicións para o seu cultivo. O ten todo, so lle falta o home ou o “animador de arranque”.

Lémbrome daquel tempo da recolección que da traballo, do secado, do cortado do tallo e raíces; Do traballo de clasificación por tamaños, do envasado para a comercialización. Este é un exemplo da produción de “algo”, que da traballo e diñeiro. E que di allos, pode dicir pementos, tomates, leitugas, flores, limóns ou pexegos. E simplemente por a traballar a terra en común, como iniciativa para crear unidades produtivas, pequenas en cada parroquia e un ha grande en cada concello para abarcar todo o Condado, en cantidades que sexan, cando menos, rendibles. É así como se fai “patria” na nosa terra. ¿Encontraremos voluntarios solidarios para facelo? ¿Ai, algún que queira empezar? Que conte comigo.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion