Lembranzas dun neno de Fornelos da Ribeira

Podería ser un magosto en Fornelos da RibeiraAs festas, as costumes daquel Fornelos da Ribeira do Condado de Salvaterra do Miño, unhas xa desaparecidas e outras recuperándose foron as formas de diversión noutros tempos.

A xuventude de hoxe en día, non sabe de cómo se facía anos atrás, por exemplo, a recollida dos froitos e as súas manifestacións festivas. Naqueles tempos de Deus, moitas familias non podían levalos traballos a cabo, e facíanos en forma “cooperativa” entre os veciños da parroquia. Sen estatutos e sen regulamento de ningunha clase. O menos astra o nacemento do cooperativismo estatutario. Elo, levaba consigo xornadas de convivencia moi significativas.

Coa chegada do outono, nos soutos, as castañas empezaban a caer dos ourizos é variábanse para a recollida. Polo San Martiño, xuntábanse as xentes de cada parroquia a comelas, beber o viño da casa, é bailar con gaiteiro, bombo e pandereta.

No tempo das fiadeiras, facíanse reunións que, ademais de “fialo liño” era motivo de festa con cantos e bailes.

Nas esfolladas das mazarocas, chanceaban, cantaban e rematábase con baile. Tamén polo San Martiño, facíase a matanza do porco coa xuntanza de veciños, matachin e sangrador ¡Como debe ser! Nestas datas, invitaban a veciños e amigos a comelas frebas, filloas, roxóns e derivados do porco. ¡Todo unha riqueza para aqueles tempos!

Na primavera chegaban “os maíos” coas súas distintas formas artísticas representando os mais variados motivos, hórreos, cruceiros, barcos, recolleitas, etc.

No verán, os “curros” nalgunhas parroquias coa rapa das bestas.

Cando a recollida do centeo, trigo e millo, dábase a “seitura” ou sega, formando “rogados”.

O carreto facíase en forma cooperativa coa malla, a tulla ou tuña dos hórreos e a palla.

No Setembro a vendima co cortedos dos acios que nos culeiros se transportaban as adegas, e alí, se pisaban as uvas para unha vez fermentadas, convertelas en viño.

Algunhas festas e costumes aínda se van conservando, outras festas e costumes desapareceron das labores e cultivos que as motivaban, pola transformación social e cultural das nosas xentes, é tamén, pola aparición de novas formas de diversión.

¡Así se escribe a nosa probe historia! ¡Non deu para mais!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion