Parroquia de San Xoán, do concello de Salvaterra do Miño, chea de historia, lendas fidalgas de outras épocas.
A orixe e afiliación xa está exposta noutra parte dos meus escritos, así como o estudo da ascendencia ou descendencia, grupo de parentesco, ou o ser e non ser deste ilustre liñaxe.
Non son amigo dos liñaxes e dos brasonados. Por iso, “brasonar” Fornelos, se di que é dispoñer de escudo de armas segundo as regras da arte, ou no seu caso, facer ostentación de algo con loanza propia. Brasonar din que é de valentes. Os Fornelos o foron, digo eu.
O brasón de Fornelos está composto por cada unha das figuras que a compoñen, o escudo de armas. E tamén, é arte de explicar e describilos escudos. É, en definitiva Honor ou Gloria! É Fornelos da Ribeira tivo sempre as dúas cousas.
O chamado señor de Fornelos foi o castelo, ou mais ben, casa forte asentado no montículo do Coto de Sá. Onde se xogou importantísimo papel na “Historia de Pedro Álvarez de Soutomaior” (Pedro Madruga), entre o século X ó XVI.
Neste tempo Fornelos mantivo, sen dúbida algunha, a lingua foxadora espiritual, grazas a súa identidade. Fornelos dende que é tal, tivo tres períodos históricos:
- – Dende a noite dos tempos, ata o século XIII coa súa vida agrícola e pastoril, marxinal na historia.
– Dende, o século XIII, ata mediados do século XIX integrado na vida estatal e societaria mediante a unión a León e Castela, aportando traballo e homes.
– O pasado século, o fío da súa metade ata hoxe na hora industrial.
Fornelos da Ribeira, foi e será unha paisaxe abríndose paso polo río Tea o pai Miño, con entrada pola estrada, camiños, pistas e rueiros onde se asentan os seus habitantes.
Fornelos ten un clima de invernía suaves e veráns mornos mantendo o seu peculiar cor verdoso. As hortas e o cultivo das mesmas rodean os rueiros ou barrios. Os poucos bosques que ten é o piñeiro o que mais, despois o eucalipto, castiñeiro e carballo.
A orografía case intacta permite a beleza primitiva: beleza e suavidade asentada de familia noutros tempos fidalgas. Así naceron os rueiros ou barrios: Abelán, Carrascal, O Casco, Cimadevila, Exembre, A Fraga, Goiende, A Loña, A Laxe, Martin, Oural, Pedrapiñeira, Rañe, Sá e Xesteira, é pode ser algún mais que se me escape. Todos este rueiros conforman o actual Fornelos.
No turismo, Fornelos foi cambiante, entre Salvaterra e Ponteareas, entre Moreira e Pesqueiras. Hoxe hai unha corrente de visitantes que chegan ata Fornelos. Xa sexan fillos de descendentes ou visitantes, motivados polos atractivos de orde xeográfico e gastronómico de Monçao en Portugal, Salvaterra ou Ponteareas. Onde se pode degustar pratos típicos regado por un bo viño do Condado.
Fornelos está situado na estrada 540 de Salvaterra a Ponteareas e Mondariz. Entre as parroquias de Pesqueiras e Moreira que lle permitiu conservar as tradicións, costumes e folclore que nos veráns ofrecen no rueiro de As Fraguiñas. Centro de reunión da parroquia, acollidos polas asociacións de amas de casa, culturais e outras que lle dan vida.
As Fraguiñas, punto neurálxico da parroquia foi, é e será sempre o punto das actividades cívico
Relixiosas. É onde, noutros tempos mandaban as tendas – tasca de Manolo “O Churreiras”, Guillade, é no Casco a de Ron, así como xastres, zapateiros e modistas. Noutro tempo tamén houbo outra tenda – tasca en Cimadevila de Monolo de Concha. Pero isto é de tempos pasados.
De As Fraguiñas se ascende a igrexa de San Xoán que serve de recepcionista os visitantes e dende alí ollar a belida panorámica da ribeira do Tea. É unha primicia.
Eu, como fillo de esta terra, invito a quen queira a visitar Fornelos, porque merece visitalo, vivilo
é gózao. ¿Paixón de fillo? Pode ser. ¡Que queredes que vos diga!
Dejar una contestacion
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.