Amadeo Monteagudo de Fornelos da Ribeira

fornelos da ribeira igrexaAmadeo Monteagudo de Fornelos da Ribeira e a Juventud Progresista grazas a súa achega do local de reunión no eido do Casco. Foi Amadeo Monteagudo quen, grazas a súa casa do eido do Casco, serviu, no seu día, para As reunións e posterior constitución da sociedade Juventud Progresista de Fornelos.

Convén dicir que, quen sementa ben, recolle mellor. Tal é o caso de Beatriz Monteagudo descendente directa de este bo fornelense. É de sementar falaba o semanario EL TEA, de 1.936 na que F. Garrido describía como un grupo de mozos, na invernía de 1.918 sentiron a necesidade de dispoñer dun local onde poder pasar as horas, lonxe da taberna, ou tabernas que, daquela había varias en Fornelos.

E foi aquí, precisamente, no eido do Casco, a beiriña da Capela Santa Rosa e no Cruceiro do Cristo e a Virxe, baixo os consellos e a colaboración de Saturnino Piñeiro, entrañable amigo persoal do meu avó Rogelio Estévez Cambra, prepararon a documentación para que na primavera de 1.919 se aprobaran os estatutos e regulamento, sempre baixo a tutela de Saturnino Piñeiro.

Nin que dicir ten que a Juventud Progresista de Fornelos, se eleva rompendo moldes co caciquismo que entón había; coa igrexa dende o púlpito, onde se facían mil é unha conxecturas, ademais das obstrucións de todo signo, por “perigosas e incómodas”.

Amadeo Monteagudo sabía ben dos focos de vicios que había, incluídos o crime e os roubos. É por iso, participou e colaborou, mirando, como sempre, o ben da xuventude parroquial. Como fillo de Fornelos, hónrome en felicitar a Beatriz Monteagudo, polos seu traballo e colaboración xenerosa, sempre en beneficio dos demais.

Pero sigamos. Daquela, se chegou a dicir que eran as ANTORCHAS que, coas súas chamas, farían alumear con claridade, a unha xuventudes mais san, mais xusta e honrada para todos. Claro que no púlpito daquel entón, estorbaba todo e facía o imposible, difamando, facendo campañas en contra é ¡coidado! Pese a todo, non se deu un paso atrás. ¡Como debe ser!

Eu, pobre de min, que fun bautizado nesa igrexa de San Xoán, de familia católica de pes a cabeza, non deixo de reflexionar é pensar que esta é unha congregación espiritual é ten o seu acougo na fe. É o material, social e humano, lle corresponde o outro ramo da vida, aínda cos dos colaboren na defensa dos pobres, como o veñen facendo, sen atropelarse, libre e voluntariamente.

Hoxe xa se ven facendo, aínda que ai moitos “resabidos” por parte da igrexa, que pretenden meter a todo o mundo polo mesmo “canuto”, cando a realidade indica outra cousa. Da man iremos moito mellor, uns e outros. ¡A ver si é verdade!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion